TURISMO
O vídeo promocional "Santiago é Grande" gaña o gran premio do Tour Film Brazil 2010
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os dous premios que o Tour Film Brazil 2010 outorgou ao vídeo promocional de Turismo de Santiago, Santiago é Grande. O Tour Film Brazil celébrase en Florianópolis, sendo o único de América Latina recoñecido polo Comité Internacional de Festivais de Filmes Turístico (CIFFT), con sede en Viena.
ALCALDÍA
O alcalde anuncia un novo decreto de servizos mínimos para evitar a excesiva acumulación de lixo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou un novo decreto de servizos mínimos para a folga dos traballadores do servizo de recollida do lixo. Este decreto, dixo, contempla "actuacións extraordinarias para evitar a excesiva acumulación de residuos".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o arranxo de vías municipais no rural
Nunha sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente o arranxo de vías municipais no rural. Tamén se determinaron, neste caso definitivamente, as obras da rúa do Home Santo, as de reforma do aparcadoiro do Auditorio e as do edificio de servizos do parque de Eugenio Granell.
ALCALDÍA
O sorteo da Lotería Nacional en Santiago repartirá 42 millóns en premios
O sábado 15 de maio, ás 13:00 horas, celebrarase no Hostal dos Reis Católicos o sorteo de Lotería Nacional. Un día antes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos rapaces do Colexio San Ildefonso encargados de cantar os números e os premios.
ALCALDÍA
Peregrinación de militares e alcaldes da comarca valenciana de Camp de Túria
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi unha delegación da comarca valenciana de Camp de Túria, tras rematara a súa peregrinación.
CULTURA
Nicolas Schmerkin imparte unha clase maxistral en Curtocircuíto tras recoller o Oscar por "Logorama"
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, organiza unha clase maxistral titulada Fenómeno Logorama, na que o produtor Nicolas Schmerkin analizará o proceso de produción e as razóns do éxito da multipremiada curta.
TRANSPORTE
Unha vintena de artistas e escritores subiranse ás bicicletas de Combici para homenaxear a Novoneyra
Varios artistas, escritores e poetas galegos, participarán nunha acción homenaxe a Uxío Novoneyra, coordinada por Antón Patiño, o domingo 16 de maio, ás 10:00 horas. Entre todos configurarán o poema "Chove para que eu soñe" (un dos lendarios poemas breves de Novoneyra) na praza do Obradoiro, a xeito de "poema público", onde cada participante leva unha letra do texto.
FESTAS
Concursos, exhibicións e hip-hop no "Compostela Skate 2010"
Continuando coas festas da Ascensión, durante todo a xornada do sábado 15 celebrarase o certame Compostela Skate 2010, organizado pola Concellaría de Xuventude e Festas e a empresa especializada neste tipo de eventos Factor Ulises.