ALCALDÍA
O Concello incrementará os investimentos reais ata os 38 millóns de euros a pesar da redución do gasto
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, confirmou que o nivel de investimentos reais se incrementará ata os 38 millóns de euros, 6 millóns máis que o facturado finalmente no exercicio 2009. Así será malia a redución do gasto do 4% prevista, que mesmo se incrementará ata o 5%.
CULTURA
Festival no Auditorio de Galicia a prol da Asociación Párkinson Compostela
Humor, música e circo cunha fin solidaria: colaborar coas persoas que padecen párkinson. Este é o obxectivo do III Festival Conéctate, que se celebra o domingo 11 de abril, ás 19:30 horas, no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
Un estudo analizará as consecuencias para o rural da modificación da Lei do Solo
No prazo dun mes, o Concello procederá a realizar un estudo que analizará as consecuencias que para o rural terá a entrada en vigor o 21 de abril da modificación da Lei do Solo. As principais consecuencias virán derivadas da nova posibilidade de segregar as parcelas e da esixencia de un terzo de vivendas construídas para a consolidación do núcleo rural como tal, segundo avanzou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
O proxecto Santiago-Une leva a Córdoba a unha delegación compostelá
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de varios concelleiros e de representantes da Universidade de Santiago e da Cámara de Comercio, estará en Córdoba os días 12 e 13 de abril, para continuar co plan de difusión exterior da cidade no marco do Programa Santiago-Une. A visita servirá tamén para ratificar o irmandamento de Compostela coa cidade andaluza.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Outra edición do Obradoiro do Espectador achega o público á escena contemporánea
A Concellería de Cultura e Centros Socioculturais e a compañía Chévere, residente na Sala Nasa, desenvolverán nos meses de abril, maio e xuño a cuarta edición do Obradoiro do Espectador. Trátase dunha actividade que ten por obxectivo achegar o público ás artes escénicas contemporáneas, proporcionándolles aos espectadores coñecementos para unha maior comprensión e diversión. A Concellería impulsa unha nova edición despois do éxito das tres anteriores.
EDUCACIÓN
Dous grupos de cámara da Escola Municipal de Música participan na II Mostra Musical do Eixo Atlántico
A Escola Municipal de Música participará o sábado 10 na II Mostra Musical do Eixo Atlántico con dous grupos de música de cámara. En total, estarán en terras lusas seis rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 19 anos.