ALCALDÍA
O alcalde anima aos máis pequenos a practicar o hábito da lectura
Seguen as actividades da X Campaña de Animación á Lectura, que se prolongará ata o 22 de maio. Nesta ocasión, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo achegarse ata unha das sesións diarias de contacontos que se realizan na Galería Sargadelos.
ALCALDÍA
Os asociados da ONCE en Galicia peregrinarán en setembro a Compostela
A presidenta do Consello Territorial da ONCE Galicia, Dolores Venancio Vilaboy, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Seis oficinas electrónicas facilitarán o acceso en liña dos cidadáns ás xestións municipais
Un convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación Europea para a Sociedade da Información e a Administración Electrónica vai permitir por en marcha seis oficinas electrónicas. Dende as mesmas, todos os cidadáns poderán acceder, en liña, sen colas e de balde, aos servizos telemáticos prestados polo Concello. As oficinas estarán nos centros socioculturais de Conxo, Ensanche, Fontiñas, Castiñeiriño e nas oficinas municipais de Galeras.
CULTURA
Sergi López presenta "Non solum", un monólogo cómico sobre a identidade
"Este é un espectáculo cheo de preguntas e con moi poucas respostas". Así definiu Sergi López a obra Non solum, un monólogo teatral "máis difícil de explicar que de ver", que pon en escena o 21 e o 22 de abril, ás 21:00 horas no Teatro Principal, dentro da programación do ciclo Teatro e Danza en Xira.
CONSORCIO
O Consorcio recupera nunha publicación un curioso caso de contrabando do século XVII
O Consorcio de Santiago e Nigratrea presentan un novo título da Biblioteca Científica Compostelá, El tabaco y el incienso. Un episodio compostelano del siglo XVII, que rememora un episodio de contrabando de tabaco no século XVII e que tivo por protagonista ao monxe de San Martiño Pinario Frei Gregorio Balboa, quen tamén era prior de Vilanova de Arousa.
XUVENTUDE
Comeza o "MúsicaXove'10" coa primeira final de grupos metal
A terceira edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, comeza o xoves 22 de abril coa primeira final, na que actuarán os tres grupos na modalidade de metal: Deseqilibrio Mental (Teo), Nightcrawler (Santiago) e Empezar de Zero (Arzúa).
DEPORTES
Uns 50 ciclistas xuvenís participarán no Trofeo Sponsor 25 Aniversario Muebles Compostela
O domingo 25 de abril, a partir das 9:30 horas, celebrarase nun circuíto na Alameda o Trofeo Sponsor 25 Aniversario Muebles Compostela. Uns 50 ciclistas participarán nesta proba, a segunda da temporada na categoría xuvenil.