BENESTAR SOCIAL
A UAF presta atención integral a 177 familias en situación de vulnerabilidade social
Dende que iniciou a súa andaina a finais de 2007 e ata finais de 2009, a Unidade de Atención ás Familias atendeu a 270 menores e 177 familias. Son datos da memoria desta entidade, presentada en rolda de prensa pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá intercambia fondos bibliográficos co Museo do Pobo Galego
A Concellaría de Participación Cidadá realizou un intercambio de fondos bibliográficos co Museo do Pobo Galego. O troco materializouse no traspaso de obras que estaban duplicadas nas respectivas bibliotecas de ambas entidades.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica e Caixa Galicia ofrecen formación a emprendedores para elaborar o seu plan de empresa
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o director de Organismos de Caixa Galicia, Álvaro Rodríguez Cabo, presentaron a terceira edición do curso gratuito Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito. A acción formativa enmárcase no Servizo de Apoio á Empresa que ofrece Promoción Económica, igual que a V Xornada Emprende en Compostela, na que tamén colabora Caixa Galicia.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Destacados especialistas debaterán sobre pedagoxía nas xornadas "Unha nova ollada en torno ás Misións Pedagóxicas"
Os días 21 e 22 de abril, na Casa das Asociacións, destacados representantes de ámbitos da pedagoxía, da investigación, da historia da educación, da arte ou do xornalismo, compartirán co público as súas reflexións e ensaiaran respostas a novos interrogantes dende as perspectivas histórica e de xénero. Será nas Xornadas de Comunicación e Debate Unha nova ollada en torno ás Misións Pedagóxicas.
ALCALDÍA
O reitor explicou o proxecto do Campus Vida ao Consello Municipal de Educación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a sesión ordinaria do Consello Municipal de Educación. Na orde do día figuraba a presentación do proxecto Campus Vida.