PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Concellaría de Promoción Económica abre o prazo de inscrición nos últimos cursos do Plan de Formación 2009
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, anunciou a apertura do prazo para inscribirse nos últimos cursos do Plan de Formación 2009. O prazo para apuntarse nestes cursos comeza hoxe, 9 de setembro, e está previsto que remate o vindeiro día 15. As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org.
OBRAS
Protección Civil terá nova sede preparada para atender as necesidades do Ano Santo neste mes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de acondicionamento que se están a executar nun local de San Lázaro co fin de destinalo ás novas dependencias da Protección Civil de Santiago. Esta obra, que estará rematada en 20 días, enmárcase nas realizadas ao abeiro do Fondo Estatal de Investimento Local.
TURISMO
A Comisión de Coordinación do Xacobeo inicia as súas reunións
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta primeira reunión, despois da inicial celebrada en xullo na que se conformou a devandita comisión, que se celebrou no Pazo de Raxoi.