CONSORCIO
O Consorcio e o COAG asinan un convenio de colaboración para que arquitectos colexiados participen no programa Ter é manter
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o decano-presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, asinaron un convenio de colaboración que permitirá crear unha bolsa de traballo pola cal arquitectos colexiados poderán participar no programa "Ter é manter", plan de axudas ao mantemento de edificacións da Cidade Histórica de Santiago, posto en marcha recentemente polo Consorcio. En total serán 10 arquitectos colexiados que traballarán...
TRANSPORTES
O xoves 10 de setembro entran en vigor os horarios de inverno no servizo de transporte urbano.
O concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, presentou en rolda de prensa os horarios de inverno do transporte urbano, que entrarán en funcionamento este xoves.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica máis de vinte contratos, entre eles a redacción do proxecto para a Escola Infantil de Salgueiriños
Na sesión de 8 de setembro, a Xunta de Goberno Local procedeu á adxudicación de máis de vinte contratos, ademais de dar conta de varias subvencións da Deputación por importe de case 314.000 euros.