BENESTAR SOCIAL
O proxecto Educación de Rúa finaliza cunha curta na que se recollen as inquedanzas dos mozos e mozas das Fontiñas
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, fixo unha valoración do funcionamento do proxecto Educación de Rúa, desenvolvido polo seu departamento, e presentou a curta que realizaron os seus participantes como unha actividade máis. Proxectarase mañá, martes 8 de setembro, ás 20.00 horas no Centro Sociocultural das Fontiñas.
EDUCACIÓN
A Escola Infantil Municipal do Tambre bota a andar no inicio do curso con 61 novas prazas para os máis pequenos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou hoxe, coincidindo co inicio do curso escolar, a Escola Infantil Municipal do Polígono do Tambre, nun acto no que tamén estiveron presentes a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón. Esta será a cuarta escola infantil que entre en funcionamento en Santiago, despois das de Fontiñas, Conxo, e San Roque. A continuación virán as da praza da Constitución, que abrirá a principios de 2010, e a de...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Teatro, obradoiros, música, cinema e deporte na XXIV Semana Cultural do CSC de Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo comeza mañá, día 8, a súa XXIV Semana Cultural con actividades para todos os públicos e para todos os gustos. A inauguración, faraa a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, ás 20.00h no propio CSC, coa apertura da mostra "A primeira liña do ferrocarril en Galicia: Cornes-Carril". O acto contará coa actuación do grupo de pandereteiras do CSC de Conxo e do grupo de Cantigas e Agarimos. Pero xa mañá, previamente a esta...
EDUCACIÓN
O Centro de Interpetración do medio rural da Portela acolle a última actividade antes do inicio do curso escolar
O martes 8 de setembro desenvólvese a última actividade antes do inicio escolar no Centro de Interpretación do medio rural da Portela, na parroquia compostelá de Figueiras. Con tal motivo a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, realizará unha visita os participantes deste novo programa.