EMPREGO
A Plataforma de Intermediación Laboral de Promoción Económica ten máis de 2.600 persoas inscritas
O Servizo de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica e Emprego ten no seu aplicativo informático, denominado Plataforma de Intermediación Laboral, 2.643 persoas inscritas. No primeiro semestre de 2009, o servizo recibiu 817 novas solicitudes. Destas persoas, 472 son mulleres, o que representa o 70% do total.
CIDADE HISTÓRICA
A reurbanización da rúa do Olvido permitirá comunicar harmonicamente Belvís co Ensanche compostelán
Continúan a bo ritmo as obras da rúa do Olvido e do seu contorno, incluídas nos Fondos de Investimento Local. Esta actuación comunicará a zona de Belvís co Ensanche compostelán e permitirá eliminar beirarrúa actual de formigón para substituíla por lousas de pedra. Ademais, construirase un aparcadoiro soterrado.
CULTURA
Xornada de contrastes no Festival dos Abrazos con Meng Wang e Dj Floro
O Festival dos Abrazos propón para o venres 14 un día de contrastes musicais. Na Igrexa de Santa María do Camiño, ás 13:00 e ás 20:00 horas, a intérprete chinesa Meng Wang achegaranos ao son oriental máis antigo a través do guzheng, un instrumento tradicional do seu país. Pola noite, ás 23:30 horas, diante da Zona "C", no parque de Bonaval, unha nova sesión de Abrazos Dixitais, na que Dj Floro exprimirá todas as posibilidades da mesa de mesturas.
BENESTAR SOCIAL
Encontro Interxeracional de Xogos Tradicionais en Fontiñas
O Programa de Educación de Rúa, promovido pola Concellería de Benestar Social, segue coas súas actividades. Desta vez, a rúa Berlín, fronte a Área Central, en Fontiñas, acollerá o venres 14, de 16:00 a 20:00 horas, un Encontro Interxeracional de Xogos Internacionais.