EMPREGO
O Servizo de Intermediación Laboral atendeu máis de 4.500 consultas no primeiro semestre de 2009
O Servizo de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica e Emprego atendeu 4.503 consultas no primeiro semestre do 2009. 2.800 peticións de información, o 62,2%, realizáronas mulleres, e 1.703, o 37,8%, homes. 2.647 (o 58,8%) rexistráronse nas oficinas de Promoción Económica e Emprego situadas na rúa do Hórreo, número 100. As outras 1.856 peticións de información atendéronse a través do teléfono 981 568 752.
CULTURA
Begoña Cuquejo estrea unha peza de danza para un escaparate dentro da sección Abrazos Off
O martes 11 poderase ver a segunda proposta dos Abrazos Off, a sección máis innovadora e arriscada do Festival dos Abrazos, que aposta polas rúas de Compostela como plataforma de lanzamento dos artistas máis novos e menos coñecidos. Begoña Cuquejo presenta Nin un mm, unha peza de danza contemporánea pensada para representar nun escaparate.