XUNTA DE GOBERNO
Nova ordenanza reguladora da instalación de ascensores en edificios residenciais
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto da ordenanza que regulará as condicións para a instalación de ascensores en edificios de carácter residencial. Esta norma dará solución aos problemas que poidan derivarse da instalación destes elementos, tan necesarios para mellorar as condicións de accesibilidade das vivendas.
FESTAS
Máis de 250 persoas de todas as idades participarán no Día do Traxe Galego
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes; e unha colaboradora da asociación, Concha Losada, presentaron en rolda de prensa a trixésima primeira edición do Día do Traxe Galego. Celebrarase, no marco das Festas do Apóstolo, o domingo 26 de xullo.
TRANSPORTES
O Concello e TUSSA promoven o uso dos alcoholímetros nos aparcadoiros municipais de Xoán XXIII e Belvís
O Concello de Santiago e a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) iniciaron en xullo de 2008 a campaña Se bebes, déixao. Aproveitando este mes de festas e celebracións, queren recordar que os usuarios dos aparcadoiros municipais de Belvís e Xoán XXIII teñen á súa disposición dous alcoholímetros.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Últimos días para apuntarse no campamento "AnimaLingua"
O venres 24 de xullo remata o prazo para anotarse no campamento AnimaLingua, que se realizará na Granxa Escola da Fervenza do Toxa, en Silleda, do 17 ao 26 de agosto. Ata 30 nenos e nenas de entre 8 e 11 anos (a idade é flexible) poderán participar nesta actividade, co obxectivo de que se expresen en galego ao tempo que coñecen o funcionamento dunha granxa ou se inician nas tarefas propias dunha hora ou dun invernadoiro.
MEDIO AMBIENTE
O parque de San Lázaro conta xa cunha nova zona lecer e xogos infantis
Inaugurouse no parque de San Lázaro a súa nova área recreativa con parque infantil, construída no marco dos Fondos FIL. A zona acondicionada está situada na parte máis occidental do parque, na esquina da rúa Clemente Fernández Sarela e da avenida de Fernando de Casas Novoa.