EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Verán de Inglés axuda a máis de 200 rapaces a mellorar o seu dominio deste idioma
Botou a andar a Escola de verán de Inglés (English Summer School) no IES Rosalía de Castro, onde estará aberta ata o 31 de xullo. No segundo día de actividade e xa organizados os grupos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo unha visita á Escola. Máis de 200 rapaces e rapazas participan nesta edición.
CULTURA
O Festival dos Abrazos encherá o mes de agosto con preto de 150 actividades
A praza do Toural acolleu a presentación da segunda edición do Festival dos Abrazos, unha mostra de creación contemporánea local e internacional coa que a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais ofrece unha nova ollada sobre espazos singulares de Santiago de Compostela. A edición de 2009 segue o lema Crea(c)ción en Aberto e ofrecerá preto de 150 actividades por toda a cidade.
MERCADOS
Música, animación e 150 postos medievais para dinamizar a Cidade Histórica durante catro días
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mercados, Andrés Fariña, visitaron a II Feira Medieval na súa primeira xornada. O mercado estará aberto ato o 5 de xullo nas prazas e rúas da Cidade Histórica. Son 150 postos e diversas actividades que recrearán o ambiente da Idade Media e dinamizarán esta parte da cidade durante catro días.
ALCALDÍA
A cidade acollerá en 2010 un congreso internacional sobre promoción da literatura entre a infancia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao comisario do XXII Congreso Internacional IBBY, Xosé Antonio Neira Cruz. Este evento celebrarase en Santiago entre o 8 e o 12 de setembro de 2010, co obxecto de intercambiar experiencias e desenvolver iniciativas de promoción da lectura para a infancia en todos os países do mundo.
TURISMO
Máis de 6.500 tapas consumidas na primeira fin de semana do concurso
Un total de 6.500 tapas degustadas en 4 días, 2.300 Tapasportes recollidos, 70 Tapasportes de empresa entregados e máis de 1.200 admiradores no Facebook son algúns dos datos de inicio do concurso Santiago (é)Tapas.
PARQUES E XARDÍNS
O barrio de Salgueiriños conta xa con unha nova área recreativa e de lecer
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova área recreativa situada na zona norte do barrio dos Salgueiriños, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. A nova área, realizada con fondos FIL, conta cunha superficie total de 7.500 metros cadrados e esta inserida dentro do Parque dos Salgueiriños, un espazo verde público de máis de 56 000 metros cadrados.