DEPORTES
Unha imaxe sobre a superación e o espírito deportivo gaña o XIII Concurso de Fotografía Deportiva
Unha fotografía titulada Espíritu deportivo II, presentada por José Vicente López, foi a gañadora do XIII Concurso de Fotografía Deportiva. Nesta edición do certame concursaron 75 fotografías.
MEDIO AMBIENTE
Compostela contará a finais de 2009 coa súa primeira Guía Verde
A Concellería de Medio Ambiente apoia a edición a primeira Guía Verde de Santiago, que aparecerá a finais de 2009. Esta obra, realizada en colaboración coa Universidade de Santiago e Alvarellos Editora, incluirá un amplo despregue gráfico e ilustrativo. Editarase en galego, castelán e inglés.
TRANSPORTES
TUSSA adxudica os servizos de limpeza e seguridade da Estación de Autobuses
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a xuntanza extraordinaria do Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). No mesmo adxudicáronse provisionalmente os servizos de limpeza e seguridade da estación de autobuses.
DEPORTES
A Cociña Económica recibe o donativo recadado na III Carreira Solidaria
O concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama, acudiu á Cociña Económica para entregar á súa directora, Dolores Diz, o donativo recadado na III Carreira Solidaria Polígono Industrial do Tambre, organizada o 24 de maio pola Fundación e a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre. A recadación foi de 2.387,98 euros.
ALCALDÍA
O traballo do voluntariado faise visible nunha exposición na Alameda
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición "Solidarízate: voluntarios" na Alameda. Esta mostra urbana itinerante fai visible o labor do voluntariado e das organizacións sociais.
ALCALDÍA
O Concello recoñece a contribución de José Castro Suárez ao crecemento e prosperidade da cidade
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto institucional de imposición da Medalla de Ouro da Cidade ao Mérito Empresarial a José Castro Suárez, presidente e fundador da empresa Castrosúa. A concesión desta distinción fora aprobada por unanimidade no Pleno municipal do 26 de marzo.