PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Aínda quedan prazas libres para a sesión de astronomía da Casa das Asociacións
Dentro do programa de actividades de verán que organiza a Concellería de Participación Cidadá, o venres 26 de xuño, na Casa das Asociacións, terá lugar unha didáctica Noite de Astronomía. Aínda quedan prazas para apuntarse a esta sesión, que comeza ás 22:30 horas na terraza da Casa e na que colabora o Club Compostelán Astronomía Vega.
EDUCACIÓN
A Escola de Verán ofrece aos máis pequenos un espazo lúdico e impulsor de valores
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou os colexios de Fontiñas, Pío XII, López Ferreiro e Colexiata de Sar, onde se está a desenvolver dende o martes 23 a VIII Escola Municipal de Verán. Estes espazos educativos e lúdicos permanecerán abertos ata o 30 de xuño.
EMPREGO
Máis do 65% dos participantes no Proxecto Crear V accederon ao mercado laboral
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Proxecto Crear VI e realizou un balance do Crear V. O programa Crear é un proxecto experimental de orientación e inserción laboral que incide na dinamización dentro do mercado laboral da cidade.
ALCALDÍA
Primeira reunión coa nova xerente de Incolsa
A nova xerente de Incolsa, Maruxa Ledo, mantivo a súa primeira reunión co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, un día antes de incorporarase definitivamente ao seu posto.
ALCALDÍA
Compostela será sede un Congreso Nacional de Artes Gráficas en 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, Jacobo Bermejo. Este solicitoulle o seu apoio ao Congreso Nacional de Artes Gráficas que a entidade organizará no Ano Santo en Santiago.
ALCALDÍA
A cidade acolle o máis prestixioso congreso europeo sobre tecnoloxías das comunicación
Entre os días 23 e 26 de xuño, a Facultade de Medicina acolle o congreso anual da European University Information Systems (EUNIS). Este é o encontro de maior proxección no ámbito europeo relativo ás Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC). É a primeira vez que este evento se celebra en España.