BENESTAR SOCIAL
Máis de 600 escolares traballaron por unha sociedade sen prexuízos grazas ás campañas "Iguais en igualdade" e "Xunt@s"
O Salón Nobre da Casa do Concello acolleu a entrega de diplomas de participación nas Campañas Iguais en igualdade e Xunt@s, desenvolvidas polo Foro de Inmigración en colaboración coa Concellería de Benestar Social. Os alumnos do colexio Eduardo Pondal representaron aos 622 alumnos que participaron nestas dúas iniciativas.
CULTURA
aCentral Folque presenta a súa nova web
Presentouse en Raxoi aos medios de comunicación a nova páxina web de aCentral Folque (Centro Galego de Música Popular): www.folque.com. Esta nova versión do portal ofrece unha estrutura dinámica para difundir as iniciativas da Central e diversa información sobre a música tradicional galega.
EDUCACIÓN
Comezan as actividades da VIII Escola Municipal de Verán
O martes 23 abre as suas portas a VIII Escola Municipal de Verán, cuxas actividades se prolongarán, na súa edición de xuño, ata o día 30. Este programa, ademais dunha completa oferta lúdica e educativa, está na liña da Concellería de Educación para conciliar a vida laboral e familiar. A principal novidade deste ano é que se suma á iniciativa o CEIP López Ferreiro, substituíndo ao Quiroga Palacios, que está en obras.