EDUCACIÓN
Clases de reforzo e obradoiros lúdicos para mellorar o nivel de inglés durante o verán
A Escola Municipal de Verán de Inglés (English Summer School) volve a abrir as súas portas. Do 4 ao 13 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para esta actividade, a desenvolver no IES Rosalía de Castro, que combina as clases de inglés con obradoiros para mellorar o nivel de inglés durante o mes de xullo.
XUNTA DE GOBERNO
Máis de 260.000 euros para a rehabilitación de elementos especiais de madeira
A Xunta de Goberno aprobou provisionalmente a concesión de 27 axudas para elementos especiais de madeira, por importe un importe total de 266.033 euros. Na mesma sesión, deuse o visto bo ás bases da convocatoria de subvencións para o fomento do movemento asociativo e de defensa da muller.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica destina máis de 100.000 euros á creación e consolidación de novas empresas en Santiago
Ponse en marcha o programa de fomento do emprendemento Compostela Activa 2009, aprobado o 2 de xuño en Xunta de Goberno. Enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
MERCADOS
Os artesáns santiagueses levan o seu traballo á Feira de Perugia coa colaboración do Concello
Un grupo de artesáns de Compostela participou na Feira Internacional de Artesanía de Perugia (Italia), co apoio da Concellaría de Relacións Institucionais e Mercados, que dirixe Andrés Fariña. A mostra, que comezou o venres 29 de maio e remata o martes 2 de xuño, conta gran prestixio no mercado de artesáns, xa que non está organizada por empresas, senón que é a propia municipalidade a que convida ás cidades a participar.
CONSORCIO
O Consorcio ten en marcha proxectos por máis de 14 millóns de euros
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida polo alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu conta na súa reunión do martes 2 de xuño do estado das diferentes inversións aprobadas con anterioridade. Neste momento atópanse en fase de execución ou de adxudicación ou de licitación algo máis de 14 millóns de euros.