ALCALDÍA
As parcelas do parque empresarial da Sionlla poñeranse á venda a comezos do vindeiro ano
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitaron hoxe as obras do parque empresarial da Sionlla, que ocupan unha superficie de máis de 1,3 millóns de metros cadrados e suporán un investimento total de máis de 83 millóns de euros.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Regalar custa pouco promocionará o comercio compostelá coa edición de dez mil catálogos con propostas de agasallos para o Nadal
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o II Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco. Este programa ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As/os comerciantes que presenten as mellores propostas poderán ver os seus produtos recollidos nun catálogo, xunto á identificación do comercio, que se distribuirá entre a cidadanía de Compostela, con distintas accións de...
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Consorcio entrega máis de 120 libros á Casa das Asociacións
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, recibiu de mans do xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva, máis de 120 libros pertencentes ás diferentes coleccións temáticas que ate hoxe ten publicado o ente interadministrativo. No acto, donáronse todas as publicacións editadas e que están agrupadas na Biblioteca Facsimilar Compostelana, na Biblioteca Científica, na Biblioteca Literaria, na de Divulgación Xacobea, na de Imaxes e na Infantil e Xuvenil.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local localiza o vehículo implicado nun accidente de tráfico na avenida de Lugo a semana pasada
A Policía Local do Concello de Santiago localizou o camión que o pasado 2 de outubro se vira implicado nun accidente de tráfico cunha motocicleta na avenida de Lugo, á altura da ponte de Sar, en dirección á Coruña.
BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
O curso "A saúde a través da arte" ensina a quince mulleres a redescubrir as súas habilidades a través da plástica
Vén de comezar no Centro Sociocultural das Fontiñas o curso "A saúde a través da arte", organizado pólo Centro de Información á Muller da Concellería de Igualdade. Quince mulleres participan na segunda edición (a primeira celebrouse en xaneiro deste ano) desta novidosa experiencia terapéutica e plástica.
DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte destina 30.000 euros á formación e perfeccionamento dos deportistas composteláns
A Fundación Compostela Deporte presentou esta maña as Bolsas para a Formación e Perfeccionamento dos deportistas individuais composteláns 2009. A quinta edición desta convocatoria conta como novidade que este ano a convocatoria ábrese aos deportistas individuais empadroados na mancomunidade de Santiago de Compostela, cunha dotación orzamentaria total de 30.000 euros, que serán outorgados en réxime de concorrencia competitiva. As bases para optar a este programa da entidade, destinado a apoiar a práctica deportiva,...
URBANISMO
Os concelleiros de Urbanismo das sete grandes cidades manterán reunións periódicas
Pontevedra acolleu a primeira reunión de concelleiros de Urbanismo das sete grandes cidades galegas. A xuntanza, que se prolongou durante toda a mañá do mércores 7 de outubro, foi cualificada como moi fructífera por todos os participantes, que acordaron manter contactos periódicos a partir de agora e fixaron xa un próximo encontro para finais do mes de novembro en Santiago.