UMAD
O xuíz Emilio Calatayud defendeu a Lei do Menor ante 240 alumnos composteláns
Uns 240 alumnos de varios centros escolares de Santiago asistiron á charla ofrecida sobre a Lei do Menor polo xuíz titular do Xulgado de Menores número 1 de Granada, Emilio Calatayud. Tanto na chala, como previamente, o xuíz explicou que esta norma "merece a pena", así como a necesidade de explicala ben.
TRANSPORTES
Os pais dos alumnos xa poden aparcar de balde en Xoan XXIII e Belvís cando recollen aos seus fillos
O 1 de febreiro foi a data escollida para mor en marcha a gratuidade dos aparcadoiros de Xoan XXIII e Belvís para os pais dos alumnos que estudan nos colexios próximos a estes estacionamentos. Tamén comeza a funcionar a tarxeta "aparcafácil" nestes dous aparcadoiros xestionados por Tussa.
FESTAS
A chegada do Meco e o pregón no Toural dan comezo ao Antroido de Compostela
Arrinca o Antroido 2008 en Compostela. O sábado 2 de febreiro as rúas da cidade encheranse de rebumbio e de xente coa chegada do Meco á praza do Toural e co tradicional pregón, que nesta edición corresponderá aos actores Camila Bossa, Iolanda Muíños e Luís Zahera.
TURISMO
As Cidades Santas incorporan a Belén ao seu grupo promocional
Santiago, Roma e Xerusalén invitaron formalmente á Autoridade Palestina a incorporar á cidade de Belén ao seu proxecto de cooperación. O "Triángulo Maior", novo nome promocional do grupo de Cidades Santas, presentará o 15 de febreiro ante a Comisión Europea a súa candidatura conxunta para obter fondos comunitarios do programa Euromed Heritage.