MULLER
Os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero diríxense nesta ocasión ao mundo do deporte
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, presentou esta mañá os actos que se van realizar con motivo do Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero, o martes 25 de novembro. Nesta ocasión, o acto de sensibilización está dirixido ao mundo do deporte.
ALCALDÍA
A cidade recoñece o labor do Colexio La Salle na formación de varias xeracións de composteláns
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a praza de San Xoán Bautista de La Salle, na confluencia das rúas Valle-Inclán e San Roque. Ademais, aproveitou para inaugurar a remodelación da primeira destas rúas, nas que se investiron 1.147.368 euros.
CONSORCIO
O Compostela Organum Festival brinda unha homenaxe ás mulleres compositoras
O ciclo de música Compostela Organum Festival segue a ofrecer en Compostela concertos únicos de órgano. Nesta ocasión o acto céntrase nas mulleres compositoras, as grandes esquecidas de historia da música, sobre todo do órgano.
O Concerto faise na Igrexa das Ánimas, o sábado 22 ás 20:30 horas, dada a acústica que este recinto ofrece.
ALCALDÍA
Colaboración galega coa comunidade hemofílica de Perú
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos alcaldes das municipalidades de Lince, Martín Príncipe, e de Surquillo, Gustavo Sierra, situadas en Lima, Perú). Estes rexedores municipais están en Santiago para estabelecer programas de cooperación coa Asociación Galega de Hemofilia.
CULTURA
Cineuropa 2008 ofrece a maratón "Unha de vampiros", con filmes de Maddin, Assayas e Ferrara
O Festival Cineuropa 2008 proxecta na noite do sábado 22 de novembro unha aterradora maratón titulada Unha de vampiros, na que se achegan olladas moi particulares arredor do fenómeno do vampirismo procedentes de tres autores consagrados a nivel internacional: Guy Maddin, Olivier Assayas e Abel Ferrara.
ALCALDÍA
A apertura do primeiro tramo da autovía entre Santiago e A Estrada desconxestiona unha das principais entradas á cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto inaugural do primeiro treito da autovía libre de peaxe entre Santiago e A Estrada. Este tramo une Santiago coa Ramallosa (Teo) e tivo un custo de 65 millóns de euros.