XUNTA DE GOBERNO
Visto bo ao expediente de expropiación da Casa do Cabildo
O Goberno local aprobou definitivamente o expediente de expropiación da Casa do Cabildo, tramitado polo procedemento de taxación conxunta por importe de 2.289.170 euros. Quedaron igualmente definidas as partes proporcionais respecto a esta cantidade, por tratarse de dúas parcelas afectadas, tomando como criterio de asignación o valor da fachada.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbase o programa para 40 novas actuacións na ARI de Vista Alegre
A Xunta de Goberno aprobou a memoria-programa para 40 novas actuacións de rehabilitación de vivendas e reurbanización na área de rehabilitación integral do polígono de Vista Alegre.
ALCALDÍA
Os retos de ser maior, a debate en Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o XVII Congreso Confederal e Internacional da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España. Neste encontro, que se celebra do 6 ao 8 de outubro, participan uns 1.500 representantes de asociacións nacionais e internacionais de maiores.
FACENDA
O Concello conxela a taxa pola recollida do lixo e actualiza as demais segundo o IPC
A taxa pola recollida do lixo non sufrirá variación no 2009, segundo anunciou o concelleiro de Facenda, Andrés Fariña, na presentación das ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio. No resto de taxas prodúcese unha actualización en función do IPC. Tamén se introducen algunhas modificacións para mellorar a xestión.
ALCALDÍA
Concelleiros de Deportes da provincia de Barcelona visitan as instalacións da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a un grupo de concelleiros de Deportes da provincia de Barcelona.
AUDITORIO
A Real Filharmonía de Galicia abre os seus ensaios ao público
Como novidade da nova temporada, a Real Filharmonía de Galicia abre os seus ensaios ao público nunha iniciativa que pretende ser unha forma diferente de achegarse ao traballo cotián da orquestra.
TURISMO
Salsorro acollerá o musical "Fantàsia" na súa única representación no norte de España
A sétima edición do Festival Internacional de Salsa de Galicia, Salsorro, acollerá a única representación norte de España do musical Fantàsia, un dos maiores espectáculos de salsa do mundo, no que participan máis de 25 bailaríns e cantantes, incluíndo as formacións completas de dúas das compañías de máis prestixio internacional: Tropical Gem e Flamboyan Dancers.