SERVIZOS
O transporte urbano reforza os seus servizos ao cemiterio de Boisaca
Con motivo da festividade do 1 de novembro e por mor do notable incremento de visitantes que ten o cemiterio de Boisaca nestes días, a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), habilitou unha serie de servizos especiais. O horario do cemiterio ata o 2 de novembro é de 9.00 a 19.00 horas.
ALCALDÍA
Vía libre ás licenzas para unhas 400 vivendas en Lamas de Abade e no Castiñeiriño
Tras a aprobación en Pleno dos estudos de detalle do SUNP-12 de Lamas de Abade e do SUNP-11 de Castiñeiriño, o Concello pode xa outorgar as licenzas para a construción de preto de 400 vivendas nestes dous ámbitos. Así o anunciou o alcalde na súa habitual rolda de prensa dos venres.
ALCALDÍA
A nova presidenta de AENA comprométese co alcalde a impulsar o inicio das obras da terminal de Lavacolla
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha conversa coa nova presidenta de AENA, Encarnación Vivancos, que vén de tomar posesión do seu cargo. Na mesma, esta comprometeuse a impulsar o inicio das obras.
TURISMO
Turismo de Santiago duplica o orzamento da campaña de desestacionalización
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou no Pazo de Raxoi a Campaña de Desestacionalización da tempada de inverno. Santiago Repetirás dobra o orzamento respecto da anterior edición. O obxectivo é manter o atractivo da cidade nun momento de crise económica internacional, que está a afectar ao sector turístico.
CULTURA
O director arxentino Pablo Trapero será un dos Premios Cineuropa
O festival de cinema Cineuropa, organizado pola Concellaría de Cultura, entregará un dos seus premios ao director de cinema bonaerense Pablo Trapero en compañía da súa compañeira Martina Gusmán. A súa quinta e última produción como director, Leonera (2008), estivo nominada á Palma de Ouro en Cannes e foi gañadora de catro premios no Festival de Lima/Encontro Latinoamericano de Cinema.