EMPREGO
O servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego atendeu 8.614 consultas no que vai de 2008
O servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego que xestiona a Concellaría de Promoción Económica e Emprego atendeu 8.614 consultas nos nove primeiros meses de 2008. 5.639 peticións de información (o 65,5%), realizáronas mulleres. Do total de consultas, 4.421 (o 51,3%), atendéronse nas oficinas de Promoción Económica situadas na rúa do Hórreo, 100. O resto, 4.193 consultas (o 48,7%), atendéronse a través do teléfono 981 568 752.
ALCALDÍA
Destacados especialistas internacionais debaten en Santiago sobre a diabesidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou no Palacio de Congresos o simposio sobre a diabesidade "Diagnosting and treating diabesity", que se celebra na cidade do 2 ao 4 de outubro.
CULTURA
Espello Cóncavo estrea "Anxeliños", de Roberto Vidal Bolaño, no Teatro Principal
A Casa do Concello acolleu a presentación da peza teatral Anxeliños, que porá en escena a compañía Espello Cóncavo, a partir do texto orixinal de Roberto Vidal Bolaño. No acto interviron a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e máis o director e actores protagonistas da obra.
MEDIO AMBIENTE
As Vías Verdes, protagonistas dun foro
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presentou o Foro de Iniciativas e Experiencias en Vías Verdes, que se celebrará na cidade o 22 de outubro. O Foro, que está organizado pola propia Concellaría e polo programa Vías Verdes da Fundación dos Ferrocarrís Españois, conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a concellaría de Promoción Económica e Turismo e os outros concellos promotores da...
CULTURA
O barítono inglés Thomas Allen debuta en Galicia na clausura do IX Ciclo de Lied
A clausura o IV Ciclo de Lied, que organiza a Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Galega da Lírica, supón un verdadeiro acontecemento: o primeiro recital en Galicia do veterano barítono inglés Thomas Allen. Este concerto do venres 3 de outubro, ás 20:30 horas no Teatro Principal, convértese así nunha das citas imprescindibles para todo amante da música lírica.
ALCALDÍA
O alcalde preside a reunión da SEEI coas cidades que estarán presentes no pavillón español en Xangai 2010
Dentro da rolda de reunións que se están desenvolvendo en cada unha das cidades que van participar na Exposición Universal de Xangai 2010, Santiago acolle o venres 3 unha xuntanza entre as cidades participantes e a Sociedade Estatal de Exposicións Internacionais (SEEI).