EDUCACIÓN
O teatro achégase aos institutos un ano máis
Os salóns de actos dos institutos Rosalía de Castro e Xelmírez I acollen do 18 ao 27 de abril o XII Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellería de Educación e Mocidade e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago.
LINGUA
Chega a fase final de "Tíralle na lingua"
"Tíralle da lingua" alcanza a fase final da súa VII edición, na procura do uso oral normalizado do idioma galego entre os máis novos. A iniciativa, promovida pola Concellaría de Política Lingüística en colaboración coa Asociación Pedagóxica Galega (AS-PG) conclúe no Teatro Principal os días 18 e 19 de abril.
EIXO ATLÁNTICO
A arte e a cultura das dezaoito cidades do Eixo Atlántico recollida nunha colección literaria
O Eixo Atlántico presentou no Concello de Santiago de Compostela a colección "Arte e cultura no Eixo Atlántico". Trátase de unha colección singular de libros de alta calidade que recompila por primeira vez toda a arte e a cultura das dezaoito cidades que configuraN o sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nunha obra única. Esta conxuga o rigor científico e unha esmerada exposición, nunha clara linguaxe comprensible para todo o público.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico e o grupo Milladoiro asinan un contrato para a elaboración un traballo discográfico
O grupo Milladoiro e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular coproducirán un traballo discográfico baixo o título provisional de "A Quinta das Lágrimas". O alcalde e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os integrantes da formación asinaron o contrato de cooprodución.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Santiago, Ames, Teo e Val do Dubra acollen o Encontro internacional para o desenvolvemento local dende a transversalidade de xénero
Está previsto que 125 persoas, entre responsables de emprego, técnicos de emprego e axentes de emprego e desenvolvemento local de España, Italia, Grecia e Polonia participen no Encontro internacional para o desenvolvemento local dende a transversalidade de xénero, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de abril en Santiago, Ames, Teo e Val do Dubra.
INFRAESTRUTURAS
A autovía entre Santiago e Brión estará rematada antes do verán de 2008 e o enlace coa Ramallosa en xaneiro do mesmo ano
O alcalde compostelán, Xosé A. Bugallo acompañou ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, nunha visita polas obras de construción das autovías entre Santiago e Brión e entre Santiago e A Ramallosa (Teo). Ao ritmo que van as obras, a primeira estará rematada antes de verán de 2008 e a segunda incluso antes, en xaneiro do mesmo ano.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse coa Asociación de Veciños "Sandra Prego Rial"
Os representantes da Asociación de Veciños "Sandra Prego Rial", do grupo Cardenal Quiroga (Pontepedriña), reuníronse en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallom e coa concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón.
MEDIO AMBIENTE
Unha nova exposición amosa o contorno verde de Compostela
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acollerá ata o 30 de abril unha nova exposición que recolle fotografías sobre o contorno verde da cidade. A mostra, obra de Sonia Iglesias, foi inaugurada polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, na compaña das concelleiras de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, e de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez.