SANIDADE
Galeras terá novo centro de saúde en 2008 e Conxo, en 2009
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Sanidade, María José Rubio, asinaron na Casa do Concello un convenio no que se establecen as bases para a futura construción de dous centros de saúde, en Galeras e en Conxo. O primeiro deles comezará a construírse en 2007 e, segundo as previsión da Consellería, poderería estar rematado no trascurso de 2008, ano no que se iniciarán as obras do centro de Conxo.
ALCALDÍA
Santiago e Italia, unidos polo Camiño
O proxecto "Os camiños de Europa" está a desenvolver unha serie de accións dirixidas á valorización integrada dos territorios atravesados polos principais itinerarios culturais europeos: o Camiño de Santiago e a Vía Francigena. Un grupo de parlamentarios italianos, que participan nesta iniciativa de cooperación, foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A delegación fixo un tramo do Camiño e chegou á cidade co bispo auxiliar de Roma, Rino Fisichella á...
CIRCULACIÓN
Cambios nos estacionamentos da zona ORA para favorecer a maior rotación de prazas
As necesidades do tráfico urbano obrigan a algúns dos aparcadoiros da zona ORA, co fin de facilitar unha maior rotación de prazas e o uso máis racional do servizo. Por este motivo, a Xunta de Goberno Local aprobou a redución do tempo de estacionamento de dúas a unha hora nas seguintes rúas e prazas: Travesía da Universidade, Fonte Seca, Praza da Universidade, Praza e Arco de Mazarelos, Algalia de Abaixo, Valle Inclán e Hospitaliño.
CULTURA
O VII Ciclo de Lied homenaxeará a Schumann, Mozart, Mussorgski e Shostakovich
Por sétimo ano consecutivo chega a Compostela o Ciclo de Lied, que se desenvolverá no Teatro Principal grazas a catro concertos e unha conferencia. Nesta edición, o evento rende homenaxe a catro autores a propósito do cumprimento de varios aniversarios. Hai 250 anos da morte de Mozart, pero tamén 150 anos da morte de Schumann, un século dende o nacemento de Shostakovich e 125 anos do falecemento de Mussorgski.
ALCALDÍA
Compostela e Venezuela estreitan lazos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á cónsul encargada do Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo, María Jeanet Miño Rosales.
EDUCACIÓN
Os escolares composteláns volven a clase
Os nenos e nenas de Compostela reencontráronse o luns 11 cos centro de ensino, cos seus profesores e cos seus compañeiros. Como é tradicional, logo da realización do plan de obras de mantemento e reparación dos centros de ensino, a concelleira de Éducación, Elvira Cienfuegos, realizou unha visita aos colexios CEIP Fontiñas, Vite e Raíña Fabiola.
CURTOCIRCUÍTO
Seleccionadas as dez micromovies da sección "Anacos" de CurtoCircuíto
O día da Gala de Clausura do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago CurtoCircuíto’06, o 21 de outubro, coñecerase a micromovie gañadora, que será escollida de entre as dez seleccionadas polo xurado desta sección oficial denominada "Anacos". Destas dez micromovies seleccionadas, unha procede de Thailandia e a outra de Italia; as restantes, son españolas. Todas elas aspiran a levar os 2.000 euros máis o trofeo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece en Sao Paulo (Brasil) o seu primeiro concerto
A noite do 11 de setembro, a Real Filharmonía de Galicia ofrece o primeiro dos dous concertos que terán lugar no Teatro de Cultura Artística de Sao Paulo, que dispón dun aforo de 1.100 localidades. O concerto forma parte da tempada Cultura Artística 2006, unha das programacións musicais máis importantes do Brasil.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Semana Cultural de Conxo alcanza a súa XXI edición cun programa cheo de actividades e de memoria histórica
Do 11 ao 16 de setembro celébrase a XXI edición da Semana Cultural de Conxo. Durante seis días non faltarán as actividades deportivas, os obradoiros, o cine ao aire libre, as charlas educativas e as actuacións musicais. A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, e a directora do centro, Lupe Rodríguez, foron as encargadas de presentar a programación, que este ano dedica un especial apartado á memoria histórica.
ALCALDÍA
A XV Festa da Solidariedade do Proxecto Home reuniu en Compostela a unhas 2.500 persoas
O Proxecto Home Galicia e a Asociación de Familias e Amigos do Proxecto Home Galicia celebraron una ano máis a Festa da Solidariedade, que este ano chegou á súa décimo quinta edición. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou neste evento, que se converteu nun acto de confraternidade para unir aos mozos e mozas en rehabilitación e ás súas familias, amigos, voluntarios e equipo terapéutico. Unhas 2.500 persoas asistiron a esta festa.