BENESTAR SOCIAL
A inminente concesión da licenza de obra permitirá comezar a construción da residencia para terceira idade de Pontepedriña
Na parcela onde se construirá a nova residencia para a terceira idade de Pontepedriña comezou xa a substitución das canalizacións. Será na Xunta de Goberno do luns 24 cando se aprobe a licenza de obra e poida comezar a construción do edificio, con vistas a telo listo en ano e medio, indicou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CONSORCIO
A exposición "Unha provocación construtiva" remata con máis de 4.000 visitantes
Na igrexa de Santa Mª do Camiño rematou a exposición "Unha provocación construtiva", centrada no sector da construción e arquitectura da industria madeireira da rexión austríaca de Voralberg, que tantas semellanzas ten coa xeografía galega. Esta exposición, que o Consorcio de Santiago inaugurou o 13 de xullo e permaneceu aberta ata o 13 de setembro, foi visitada por 4.164 persoas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as actividades da Semana Cultural de Conxo
O Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo acolle os últimos días de actividades da súa Semana Cultural. O programa concluirá o sábado 15 cun especial fin de festa.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Servizo de Asesoramento ao Comercio atendeu máis de 100 entrevistas dende a súa creación
O Servizo de Asesoramento ao Comercio (SAC), pertencente á Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, atendeu 104 entrevistas con cita previa dende que empezou a funcionar, no mes de febreiro.
PLENO
Os tres grupos municipais defenden en Pleno o remate do proxecto da Cidade da Cultura nos prazos previstos
A Corporación municipal celebrou un Pleno extraordinario, no que os tres grupos municipais aprobaron por unanimidade unha declaración institucional en defensa do proxecto da Cidade da Cultura. O documento avoga pola "conclusión da Cidade da Cultura con fidelidade ao proxecto arquitectónico aprobado pola Xunta de Galicia, do cal xa se executou o 60% do orzamento"
CONSORCIO
Santiago recibe un ano máis a persoeiros da máxima relevancia científica mundial
Tralo éxito acadado en 2006, o Consorcio de Santiago organiza de novo en colaboración coa Universidade unha nova edición do Programa "ConCiencia", de divulgación científica. A principal novidade organizativa deste ano é o lugar e horario dos actos centrais, pois nesta edición os actos xerais celebraranse en locais situados fóra do campus universitario e en horarios máis accesibles (arredor das 20 horas), para favorecer a asistencia do público en xeral.
EDUCACIÓN
Case 4.000 alumnos de Primaria comezan con normalidade o novo curso escolar
A normalidade foi a nota predominante no inicio do curso 2007-2008 nos centros escolares de Compostela. Así o comprobou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que visitou o colexio Pío XII acompañado pola concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez.
EDUCACIÓN
Os centros escolares de Compostela teñen xa á súa disposición a oferta de programas e recursos de Educación para o curso 2006-2007
Como cada comezo de curso, a Concellaría de Educación presenta a oferta de programas e recursos para os centros escolares. A responsable do departamento, Guadalupe Rodríguez, cualificou a guía deste ano como "ampla, diversa e completa", co obxectivo de lograr "un ensino integral".
CULTURA
Chega ao Teatro Principal a premiada "As últimas lúas", de Lagarta Lagarta
Unha nova obra de teatro galego chega a Compostela. Nesta ocasión é a compañía Lagarta Lagarta a que trae As últimas lúas, unha obra que vén avalada polo premio do público no último Festival Internacional de Teatro de Ribadavia. As representacións terán lugar o mércores 12 e o xoves 13, ás 21:00 horas.
CULTURA
Nove meses da mellor música clásica nunha nova tempada de abono do Auditorio de Galicia
Logo de varios meses de traballo conxunto, a Real Filharmonía xa ten perfilado os seus concertos para a tempada 2007/2008, que iniciará o 27 de setembro cun concerto na Catedral de Santiago. O 4 de outubro, xa no Auditorio, a orquestra ofrece unha actuación que servirá de inauguración do curso académico da Universidade compostelá.