CONSORCIO DE SANTIAGO
Villanueva Prieto xa é xerente do Consorcio
Xosé Manuel Villanueva Prieto comezou este mes a traballar como xerente do Consorcio de Santiago, substituíndo no cargo a Homero Pérez Quintana.
MULLER
Delantais para que eles tomen a iniciativa nas tarefas do fogar
A campaña Unisex, posta en marcha pola Concellaría da Muller, pretende sensiblizar aos estudantes universitarios da importancia dun cambio de actitude no reparto de tarefas domésticas, facendo fincapé na idea de compartir.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Fernando Palacios impartirá un curso de formación musical
A Escola Municipal de Música de Santiago acollerá o curso de formación musical "Presentar os concertos didácticos", que será impartido polo prestixioso pedagogo musical Fernando Palacios. O curso comezará o martes 8 e rematará o 10 de novembro, en horario de 17 a 21 horas.
CULTURA
Comeza Cineuropa
Este ano Cineuropa regresa ás pantallas da Sala Yago e do Salón Teatro, e por primeira vez incorpora como sala de exhibición a Fundación Caixa Galicia da rúa do Vilar. As catro salas encabezadas polo Teatro Principal crearán un círculo cinéfilo na Cidade Vella de Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Club de Gastronomía de Fontiñas organiza unhas xornadas micolóxicas
É tempo de cogumelos. O venres 4 e o sábado 5 de novembro, o club gastronómico do centro sociocultural das Fontiñas organiza unhas xornadas de recollida e degustación de setas para quen queira disfrutar de saborosas recetas típicas do outono.
CULTURA
Cesária Évora traerá a súa música a Santiago
O 10 de novembro, o Auditorio de Galicia acolle un concerto da artista caboverdiana Cesária Évora, dentro do ciclo Sons da Diversidade. As entradas están xa á venda na web de Caixa Galicia.
TURISMO
O Concello de Santiago promociona o turismo de inverno
Atraer un turismo de calidade na temporada baixa, entre os meses de novembro e marzo, é o obxectivo principal da campaña de desestacionalización turística que co lema "Ven a Santiago, descubrirás Compostela" impulsa o Concello de Santiago en colaboración con Turismo de Santiago.