ALCALDÍA
A Casa das Asociacións acolle a mostra "A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro"
Ata o 2 de abril, a Casa das Asociacións acollerá a exposición A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro. Nela aparecen todos os persoeiros que participaron activamente na construción da Autonomía, dende a óptica do humor e da ironía.
CONSORCIO
Primeiras reunións con colectivos e institucións arredor do 800 aniversario da consagración da Catedral
Logo da presentación da convocatoria dun masivo acto cidadán dos composteláns coa Catedral de Santiago para o sábado 9 de abril ás 13:00 horas, iniciaronse as reunións sectoriais cos diferentes colectivos e institucións da cidade. O obxectivos destes encontros é promover a participación de todos e facilitar a difusión deste evento.
CONSORCIO
Unha simbólica aperta dará inicio aos actos do 800º Aniversario da Catedral de Santiago
O 9 de abril iniciaranse os actos conmemorativos do 800º aniversario da consagración da Catedral de Santiago cunha iniciativa emotiva, didáctica e participativa: Compostela abraza á súa Catedral, unha convocatoria a toda a cidadanía a achegarse ata a Catedral para circundala nunha simbólica aperta, análoga á que millóns de peregrinos dan ao Apóstolo no altar maior da basílica xacobea.
TRANSPORTES
Case 7,5 millóns de viaxeiros empregaron o transporte urbano durante o 2010
As 24 liñas do transporte urbano foron utilizadas en 2010 por un total de 7.482.693 viaxeiros, segundo indicou en rolda de prensa o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves. Estas cifras supoñen un descenso do 1,80% respecto a 2009 (136.824 viaxeiros menos), o cal contextualizou no marco da baixada xeral do conxunto do país e do retroceso das liñas afectadas polas obras.
MOBILIDADE
Os aparcadoiros públicos rexistraron 73.000 vehículos máis en 2010 que no ano anterior
O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, presentou os datos dos tres estacionamentos públicos xestionados por Tussa durante 2010: aparcamento e dársena de Xoán XXIII e Belvís. En total, o incremento no número de vehículos respecto ao ano 2009 foi de 73.196, destacando os 10.862 autobuses máis que entraron na dársena.
CULTURA
A Zona "C" celebra o seu cuarto aniversario coa presentación do catálogo das intervencións que acolleu no último ano
A Zona "C" de San Domingos de Bonaval celebrou o 13 de marzo o seu cuarto aniversario e, como é habitual nesta celebración, presentouse o catálogo que recolle as intervencións do último ano. Fixérono a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; e, en representación de artistas e comisarios, Ana Amado, que comisariou o traballo de Nuria Ruibal, Entre a razón e a pel.
IGUALDADE
O curso "A saúde a través da arte" promove a creatividade con fins terapéuticos
Avalado polo éxito das anteriores edicións, destinadas a outros colectivos de mulleres, a Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha nova edición do curso A saúde a través da arte. Vinte mulleres, preferentemente coidadoras de persoas con dependencia, participarán esta vez neste curso, que se impartirá na Casa das Asociacións de Benestar Social (rúa Manuel María, 6).
BENESTAR SOCIAL
O fútbol, instrumento para a dinamización e a integración social de diversos colectivos
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou en rolda de prensa o proxecto de dinamización e integración social dende a práctica deportiva Fútbol Social, no que colabora o Xacobeo Lobelle e o Funeraria Apóstol. Esta iniciativa sérvese do fútbol como instrumento para a dinamización e cohesión social de diversos colectivos sociais.
MEDIO AMBIENTE
Os alumnos do Monte dos Postes plantarán máis de 200 árbores no parque das Cancelas
Coa chegada da primavera e momento tamén de celebrar, como todos os anos, o Día da Árbore e o Día da Auga. As actividades, que como vén sendo habitual, estarán protagonizadas por escolares de primaria, centraranse este ano no parque das Cancelas, o propio día 21, se a climatoloxía non o impide, segundo explicou a concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, nunha conferencia informativa na que estivo acompañada por Paula Piñeiro, de Aquagest, e por Luís Incera, de Cespa, responsables en Santiago de cada unha das...
URBANISMO
O proxecto SUITE péchase en Bruxelas co compromiso de poñer en práctica as recomendacións do estudio de vivenda social
Mercedes Rosón aproveitou a viaxe a Bruxelas para reunirse co vicepresidente do Parlamento Europeo, Miguel Ángel Martínez, que lle comunicou os avances no proxecto do futuro Museo de Europa, onde se dedicará un espazo aos Camiños de Santiago.