XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo á achega municipal de 819.000 euros a Incolsa
A Xunta de Goberno aprobou, entre outros asuntos, o convenio polo que o Concello achega unha subvención de 819.315 euros a Incolsa. Tamén se deu o visto bo á posta a disposición dos terreos necesarios para acometer obras viarias en Figueiras e Brins, á contratación de diversas actividades de educación ambiental e á renovación de licenzas de venda no mercado de Salgueiriños.
XUVENTUDE
Xuventude organiza a cuarta edición do concurso "MúsicaXove" nas categorías de pop, metal e outras músicas
O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentou a convocatoria do 4º Certame MúsicaXove, un concurso para grupos musicais da Rede Galega de Locais de Ensaio que competirán para ser os mellores na súa categoría musical: pop-rock, metal e outras músicas como o jazz, folk ou hip hop.
CONSORCIO
Compostela a través da ollada persoal e orixinal de David Pintor
O Consorcio de Santiago e a editorial Kalandraka coeditan Compostela, un orixinal libro de ilustracións realizadas por David Pintor. Trátase dunha colección de 30 debuxos que plasman diferentes vistas do casco histórico compostelán, coa ollada persoal e orixinal de David Pintor, quen recrea os espazos xerando ambientes de ensoño.
ALCALDÍA
A Asemblea Xeral do Eixo Atlántico aprobará en Santiago de Compostela un orzamento de catro millóns de euros para 2011
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participará o xoves 10 na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que se celebrará ás 10:00 horas no Hotel Monumento San Francisco. Na reunión aprobarase un orzamento para 2011 que ascende aos 3,95 millóns de euros, tal e como aprobou con carácter previo a Comisión Executiva na súa xuntanza de xaneiro.
FESTAS
A Concellaría de Festas abre o prazo de inscrición para o desfile do Antroido
A Concellaría de Xuventude e Festas prepara unha edición máis das Festas de Antroido. Con este motivo e na busca dun festexo o máis multitudinario e colorido posible, convida a asociacións, barrios, comunidades colexios e persoas individuais a participar no desfile de carrozas e nos distintos concursos de disfraces do martes de Antroido, que nesta ocasión cae o 8 de marzo.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Satisfacción polos primeiros meses de funcionamento do Centro Municipal de Mediación Cidadá, que xa xestiona 20 casos
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, e a profesora de Dereito Procesual da USC e presidenta da Asociación Galega de Mediación e Igualdade de Xénero (AGAMIX), Raquel Castillejo, fixeron balance dos primeiros meses de funcionamento do Centro Municipal de Mediación Cidadá (CEMMCI). Ademais, confirmaron a continuidade do servizo, que xa xestionou 20 casos dende a súa apertura.
ALCALDÍA
Villestro conta xa cun campo de fútbol dotado co último en herba artificial
Co obxecto de responder ás necesidades da parroquia de Villestro, onde se vén desenvolvendo unha intensa actividade futbolística dende hai anos, o Concello construíu un novo campo de herba artificial que substitúe ao anterior de area. A obra está incluída no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local e contou cun orzamento de 800.000 euros.
CIDADE HISTÓRICA
Finalizan os obradoiros previos ao congreso "Compostela 2021. A cidade intuída"
Chegaron ao seu fin os obradoiros previos á celebración do congreso Compostela 2021. A Cidade Intuída, que está a ser organizado pola Concellaría da Cidade Histórica e Rehabilitación. O obxectivo do evento é facer unha reflexión sobre o espazo público, producir unha imaxe intuitiva, no horizonte temporal dunha década, para suxerir ideas que nos axuden a imaxinar como será a cidade nos próximos anos.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que "se tomarán as decisións que conveñan á cidade" en relación ás conexións aéreas internacionais
"Eu aseguraría que o voo a Bruxelas se vai a pechar este mes", anticipou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito do período dun mes que abriu para avaliar ofertas de conexións internacionais para o aeroporto de Lavacolla. En calquera caso, afirmou estar disposto a "estudar mellores ofertas, se as hai".
ALCALDÍA
Unha gran nave na Almáciga permitirá á mocidade de Santiago de Compostela desenvolver as súas inquietudes artísticas
O alcalde do Concello de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentaron en Raxoi o proxecto para a construción do Centro Xove de Creación Cultural. A Nave. O edificio, que estará situado no contorno do CEIP Apóstolo Santiago, no monte da Almáciga, rematarase no mes de xullo.