ALCALDÍA
O Centro do Patrimonio Mundial urxirá a Icomos para que axilice os seus dictames sobre as actuacións nas cidades españolas
Unha representación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, encabezada polo seu presidente e alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, foi recibida en París polo director do Centro do Patrimonio Mundial da Unesco, Kishore Rao. A delegación trasladoulle a este a intención do Grupo de colaborar coa Unesco en relación coa protección do patrimonio.
MEDIO RURAL E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Concello oferta un programa de dez excursións e catro viaxes de dous días para os veciños das parroquias do rural
Os concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e de Participación Cidadá, Francisco Noya, presentaron a Imos coa Asociación, o programa de excursións e viaxes para os veciños do ámbito rural de Santiago de Compostela. Esta oferta específica inclúe dez excursións dunha xornada e catro viaxes de dous días a escoller polas 21 asociacións veciñais deste ámbito.
MEDIO AMBIENTE
Os pequenos de Compostela toman conciencia do valor das árbores e da auga
O parque Emilia Pardo Bazán (Monte de Conxo-Santa Marta) acolleu unha plantación de 300 exemplares de árbores autóctonas con motivo do Día da Árbore e da Auga. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, sumáronse a este acto conmemorativo e de concienciación, no que participaron os colexios Cardeal Quiroga Palacios e Divino Maestro. Tamén se realizou unha instalación de rego por goteo.
CULTURA
Sergio Pazos presenta "Se galego, my friend" dentro do ciclo Falabaratos
Nova cita do ciclo Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows no Teatro Principal. Nesta ocasión, Sergio Pazos ofrece o seu espectáculo Se galego, my friend en dúas sesións, xoves 22 e venres 23, ambas ás 21:00 horas.
DEPORTES
O Monte do Gozo acollerá o 17 de maio o I Freestyle de Santiago de Compostela
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o I Freestyle Speed Style de Santiago de Compostela, que se celebrará no Monte do Gozo o 17 de maio. Este evento permitirá contemplar ao aire libre as máis espectaculares acrobacias sobre unha moto, grazas á presenza do campión do mundo, Dani Torres, e dos sete mellores aspirantes mundiais do momento.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno inicia a tramitación dunha nova ordenanza reguladora da instalación de ascensores
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno presentouse o proxecto de ordenanza reguladora da instalación de ascensores en inmobles residenciais. Ademais, aprobouse unha serie de modificacións técnicas na Ordenanza de Tramitación de Actividades.
CULTURA
Rebeca Jiménez, Cardigan Bridge, Patricia Moon e Jane Joyd en "Palabra de Muller"
O Teatro Principal acolle o mércores 21 de marzo, ás 20:30 horas, a gala-concerto Palabra de Muller, dentro do ciclo Íntimo&Acústico. Nela, estará Rebeca Jiménez como cabeza de cartel, acompañada das galegas Cardigan Bridge, Patricia Moon e Jane Joyd.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela e Cádiz promoverán a presenza de ambas cidades nas súas respectivas programacións culturais
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asinou un convenio de colaboración en materia cultural coa rexedora de Cádiz, Teófila Martínez. Grazas a este acordo, os dous concellos realizarán un programa de actividades común e promoverán a presenza de artistas locais nos respectivos calendarios culturais.
EDUCACIÓN
Solicitudes de matriculación na Escola Municipal de Música
Aberto o prazo para a presentación solicitudes de matriculación na Escola Municipal de Música de Santiago.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde co embaixador alemán
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co embaixador de Alemania en España, Reinhard Silberberg.