TURISMO
O Mercado de Abastos acolle un punto de información turística para o Fórum Cidade
O Mercado de Abastos será un dos puntos de referencia do Fórum Cidade, que comeza o xoves 23 e que se prolongará ata o día 28. Entre o xoves e o sábado, Turismo de Santiago terá un punto de información nunha das casetas do recinto, onde se informará sobre as actividades do Fórum Cidade e da cidade en xeral. Será a primeira vez que o Mercado, o segundo lugar máis visitado da cidade polos turistas, conte cun punto de información turística.
ENTROIDO
A Feira dos Carballiños e Estrelas da Noite levan os premios principais do Entroido
Os composteláns saíron á rúa para contemplar e participar no desfile do martes de Entroido. O bo tempo acompañou ás 16 carrozas, 22 comparsas e multitude de pequenos e maiores disfrazados que conformaron a comitiva que animou Compostela durante varias horas.
ALCALDÍA
O alcalde recorda que a conexión dos aeroportos principais coa alta velocidade ferroviaria é unha recomendación da UE
A conexión do aeroporto de Lavacolla co AVE é "reto e un desafío" que o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, lanza á "sociedade civil". Así o expresou nunha rolda de prensa na que explicou que, lonxe de ser unha "ocorrencia", esta fórmula é a que recomenda a Unión Europea para os aeroportos principais, entre os que inclúe o de Lavacolla.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Ademais, deu o visto bo inicial á ordenanza reguladora da inspección técnica de edificacións (ITE).
ALCALDÍA
Santiago de Compostela será sede en abril do IV Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (PATORREB)
O Concello de Santiago asinou coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e c Colexio de Arquitectos de Galicia un convenio de colaboración para a celebración do 4º Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (PATORREB 2012). O evento terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia entre os días 12 e 14 de abril.
ENTROIDO
Dezaseis carrozas, vinte e dúas comparsas e multitude de disfraces desfilarán polas rúas da cidade no martes de Antroido
Xa está case todo listo para o desfile do martes de Entroido, que partirá da estación do tren a partir das 17:30 horas. A última hora da mañá inscribíranse para participar no concurso 16 carrozas, 22 comparsas, cinco grupos, seis parellas e 11 participantes individuais. Ademais dos inscritos nos concursos, desfilarán outros moitos incondicionais do Entroido, que realizarán a súa especial posta en escena para o público que seguirá o desfile dende as beirarrúas.
ALCALDÍA
Reunión coa asociación veciñal das Fontiñas
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto cos concelleiros Francisco Noya e Juan de la Fuente, reuniuse coa Aociación de Veciños "O Camiño" das Fontiñas.
ENTROIDO
Xornada dedicada aos nenos no Entroido
A Sala Capitol acolleu o festival infantil do Entroido. Rapaces e rapazas de ata 14 anos desfilaron cos seus mellores disfraces nunha tarde chea de animación, sorrisos e moitas sorpresas.
ENTROIDO
O Meco xa preside o Entroido dende os balcóns do Pazo de Bendaña
Mofa e Befa deron comezo ao Entroido compostelán nunha praza do Toural ateigada de xente. Alí, nos balcóns do Pazo de Bendaña, o Meco preside xa unha celebración que este ano conta con festivais, desfiles, premios e moita animación nas rúas.
TURISMO
Santiago respirará gastronomía co Fórum Cidade entre o 23 e o 28 de febreiro
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentaron o Forum Cidade, un programa de actividades gastronómicas que se celebrarán en Santiago entre o 23 e o 28 de febreiro, como complemento ao Fórum Gastronómico, que se celebrará no Pazo de Congresos do 26 ao 28 de febreiro. O alcalde e a concelleira estiveron acompañados polo presidente da Asociación Hostalería Compostela, Jesús Sordo, e polo director do Fórum Gastronómico, Pep Palau.