PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Feira do Emprego de Santiago de Compostela conta con cerca de mil persoas inscritas
Onte, 20 de setembro, rematou o prazo de inscrición na I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, para as persoas demandantes de emprego ou que buscan mellorar as súas expectativas laborais. En total rexistráronse 947 inscricións pertencentes a outras tantas persoas.
BENESTAR SOCIAL
Os servizos da Concellería de Benestar Social reorganízanse con motivo da apertura da Casa das Asociacións
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, deu a coñecer en rolda de prensa os cambios que terán lugar no seu departamento debido á posta en funcionamento da Casa das Asociacións de Benestar Social, ubicada en Salgueiriños. Este centro, no que xa se están a celebrar actividades, estará plenamente operativo o 1 de outubro.
TRANSPORTES
Santiago súmase á Semana Europea da Mobilidade con actividades na Praza Roxa e transporte urbano de balde este mércores
Con motivo da celebración da "SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE", entre os días 16 e 22 de setembro, Santiago quere implicarse, ao igual que en anos anteriores, na promoción de hábitos saudables e máis respectuosos co medio ambiente. O concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, explicou en rolda de prensa as actividades que se van realizar na Praza Roxa este mércores, acompañado do xerente de Tussa, José Ramón Mosquera.
ALCALDÍA
O libro de honra do Concello conta xa coa sinatura do Premio Nobel da Paz 2005
Mohamed ElBaradei asinou esta mañá no libro de Honra do Concello de Santiago en presenza do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O premio Nobel da Paz en 2005 atópase en Santiago para participar no programa ConCiencia, organizado pola USC e o Consorcio da cidade.
ALCALDÍA
Os presidentes dos 17 parlamentos autonómicos reúnense en Santiago para apoiar o ano Xacobeo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi os presidentes dos 17 parlamentos autonómicos de España que celebraron en Santiago unha reunión extraordinaria co obxectivo de escenificar o apoio dos lexislativos autonómicos ao Xacobeo 2010 e reivindicar a vixencia e o legado do fenómeno xacobeo e das diferentes rutas de peregrinación.
CIRCULACIÓN VIARIA
A partir do luns poderanse solicitar as tarxetas para o aparcamento de residentes no barrio de Pontepedriña
Entre este luns, 20 de setembro, e o 15 de outubro os veciños das rúas que se enumeran a continuación e que cumpran cos requisitos establecidos poderán solicitar as tarxetas de aparcamento para residentes.
OBRAS
Os veciños de Pontepedriña xa contan con anovado centro sociocultural e "local das avoas"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inauguron unha das primeiras obras con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local que se rematan: a de remodelación do Centro Sociocultural de Pontepedriña e o coñecido como Local das Avoas, ambos ubicados no grupo de vivendas Cardela Quiroga.
OBRAS
A rúa República do Salvador ábrese á circulación trala reurbanización do tramo Hórreo-Xeneral Pardiñas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mañá a remodelada rúa República do Salvador, no Ensanche compostelán. Fíxoo acompañado do concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, e da concelleira de Tráfico, Marta Álvarez-Santullano, con motivo da apertura da vía ao tráfico.
ALCALDÍA
O alcalde amosa a súa preocupación polo deterioro da xestión hospitalaria no CHUS
O alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou hoxe a súa preocupación polo crecente deterioro da xestión no Hospital Universitario (CHUS) de Santiago de Compostela nos primeiros quince meses do novo goberno da Xunta de Galicia. Considerou que sobre este importante servizo sanitario estase exercendo unha presión, cuxos resultados ofrecen unha evolución que avala os peores prognósticos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Pistoletazo de saída ao seminario de coidadores familiares
O rexedor compostelan, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou hoxe o seminario internacional Cosefamie (Competencias ao Servizo da Familia e do Emprego), pertencente ao programa europeo Leonardo da Vinci. O acto tivo lugar no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (Cersia), ubicado en San Lázaro, e contou tamén coa presenza do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias.