CONSORCIO
O Consorcio de Santiago pon a disposición do público os seus "Cadernos técnicos"
O Consorcio de Santiago vai poñer a disposición do público os seus proxectos de rehabilitación na cidade histórica, presentados en forma de Cadernos técnicos. Neles recóllense as diferentes fases destes proxectos desenvolvidos nos últimos anos dende a Oficina Técnica-Taller de Proxectos do Consorcio. As publicacións foron presentadas nunha rolda de prensa presidida polo alcalde e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa.
ECONOMÍA
Dez entidades empresariais colaboran no novo programa "Santiago Investors Support"
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou o programa de actividades de Santiago Investors Support aos representantes das dez entidades empresariais que colaboran no mesmo. Estas dez entidades participaron na elaboración de diferentes partes do programa, en función das súas características e dos sectores aos que se dirixen. Nesta reunión tiveron oportunidade de ver todo o conxunto do programa, que se deseñou tendo en conta as suxestións de cada entidade e cunha visión global que dese coherencia interna as...
BENESTAR SOCIAL E SEGURIDADE VIARIA
O Goberno municipal constata un cambio de hábitos no consumo de alcohol na vía pública
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, fixo balance das medidas de prevención e control do consumo de alcohol na vía pública postas en marcha nos últimos meses polo Goberno local. Segundo indicou, "constátase unha diminución da presenza de mozos na rúa durante a noite", destacando tamén o feito de que "dende hai tempo non está habendo botellóns no Campus Vida".
BENESTAR SOCIAL
A Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación reuniuse en Santiago
Santiago de Compostela acolleu unha das seis xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convocou para este semestre. O Concello, socio da entidade, foi o anfitrión deste encontro que reúne o persoal técnico das Administracións asociadas para dar conta dos proxectos apoiados en países do Sur e amosarlles as actividades de sensibilización que poderán implementar ao longo de 2012.
CULTURA
Daniel Higgs, nova proposta musical na Zona "C" dentro do ciclo Íntimo&Acústico
Continúan as propostas de Íntimo&Acústico que , tal e como prometía, está deixando grandes citas musicais na nosa cidade. Este mes de marzo tivemos xa a Simon Finn e Palabra de Muller e o luns 26 chega a cita con Daniel Higgs. Con Simon Finn e Daniel Higgs chegan as propostas máis underground e alternativas do ciclo. A partir de abril estarán, entre outros e xa confirmados, a The Bright, Maika Makovski (con Gentle Music Men de teloneiro), Abe Rábade Trío e Sumrrá e, xa no mes de xuño, a Ariel.../em>
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Accións específicas para os usuarios máis novos dos centros socioculturais
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou unha serie de actividades destinadas aos usuarios máis novos dos centros socioculturais. Agrúpanse baixo o nome de Rapazada móbil e inclúen un curso para a mellora das habilidades de comunicación, outro de iniciación malabar e unha sesión de coaching, ademais cun curso de curtas co móbil.
BENESTAR SOCIAL
Vinte inmigrantes de dez nacionalidades fórmanse na UAMI para a integración
A Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, está a realizar un Curso de formación para a integración. Nas sesións, que comezaron o martes 20 de marzo e rematarán o martes 27, participan 20 inmigrantes extracomunitarias de dez nacionalidades diferentes.
BENESTAR SOCIAL
Inaugurado no CSC de Vite o ciclo de conferencias "O profesional responde"
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte, inaugurou o ciclo de conferencias O profesional responde cunha charla sobre cuestións básicas relativas ás transmisións patrimoniais. Estas sesións mensuais teñen lugar no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite
URBANISMO E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello habilita unha unidade na Policía Local para a medición de ruídos
Unha unidade formada por axentes da Policía Local será a encargada a partir de agora de facer as mediacións de ruídos en locais nocturnos, festas, etc. Así o anunciaron en rolda de prensa os concelleiros de Urbanismo, María Pardo, e de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez.
CULTURA
Aerolíneas Federales,un dos regresos máis esperados do ano, no Compostela Rock
Aerolíneas Federales protagoniza darán o seu concerto presentación en Galicia o 19 de abril, ás 21:00 horas, na Sala Capitol, dentro do Compostela Rock, no que é un dos regresos máis esperados do ano. Así o anunciaron en rolda de prensa o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Miguel Costas, Silvino Díaz e Coral Alonso, integrantes do grupo.