ALCALDÍA
A nova terminal, operativa en abril
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o ministro de Fomento, José Blanco; e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, visitaron as obras da nova terminal de Lavacolla. Puideron constatar o bo ritmo ao que avanzan os traballos, co obxectivo de que o aeroporto estea operativo sobre o mes de abril, segundo anunciou o ministro.
EDUCACIÓN
Pepe Bruno e Mariona Cabassa reciben o III Premio Compostela pola obra "A familia C"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregou o III Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, organizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Editorial Kalandraka no marco da Campaña de Animación á Lectura. Mariona Cabassa e Pep Bruno recibiron o galardón pola súa obra A Familia C.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno concede a licenza para o novo edificio de xulgados de Fontiñas
A Xunta de Goberno acordou conceder a licenza solicitada pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a construción dun novo edificio de xulgados na parcela SC-16 de uso institucional-administrativo, situada na rúa Berlín, en Fontiñas.
BENESTAR SOCIAL
Novos e maiores, unidos nunha nova iniciativa de intercambio interxeracional
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, deu a benvida a Santiago á Asociación Xuvenil "Aprende a escoitar", que vai a por en marcha en residencias da terceira idade a iniciativa "Divertindo os maiores". Grazas á mesma, realizaranse actividades lúdicas e formativas, adaptándoas ás necesidades de cada persoa ou grupo e fomentando o intercambio interxeracional.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente oferta visitas guiadas polos parques e ríos de Compostela
A Concellaría do Medio Ambiente de Santiago desenvolve por terceiro ano consecutivo o programa de visitas guiadas polos parques e ríos de Compostela, xa iniciado na primavera e que agora continua no outono. A oferta de visitas tense deseñado co obxectivo de pór en valor os espazos naturais de Santiago e están destinadas tanto o alumnado dos centros de ensino como a calquera grupo de persoas interesado nunha visita guiada.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a científica Ada Yonath, Nobel de Química en 2009
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a científica israelita Ada Yonath, Nobel de Química en 2009, que está en Compostela para participar nos actos do Programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a USC.
BENESTAR SOCIAL
Reunión da Rede Municipalista Solidaria
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, asistirá o martes 26 de outubro, ás 11:00 horas, á reunión da Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación que se celebrará na Casa das Asociacións de Benestar Social de Salgueiriños.
ALCALDÍA
Os veciños de Lavacolla estrean o seu moderno e singular centro sociocultural
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inauguraron o novo centro sociocultural de Lavacolla, situado na rúa Sionlla s/n, na parroquia de San Paio de Sabugueira. O organismo provincial investiu 513.828 euros nestas obras.
PLENO
O Goberno Municipal conxela todos os impostos e prezos públicos e a meirande parte das taxas
O Pleno da Corporación Municipal aprobou inicialmente a modificación das ordenanzas fiscais, que conforman un dos elementos esenciais a ter en conta na elaboración e plantexamento da política económica no ámbito do Concello, segundo manifestou na sesión extraordinaria a concelleira de Facenda, Rosa Fernández Somoza.
EDUCACIÓN
Catro mil catro pasiños para coñecer a iconografía xacobea
Os nenos e nenas das escolas infantís de Fontiñas, Conxo, San Roque e Tambre realizaron unha peregrinación dende o patio do colexio La Salle a praza do Obradoiro. Alí foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.