OFRENDA
Pilar Rojo pide ao Apóstolo que guíe os gobernantes na busca de "decisións sabias e acaídas ás necesidades do momento"
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, realizou a tradicional Ofrenda Naciona ao Apóstolo Santiago. Na mesma, lembrou especialmente a crise económica e demandou do Santo o seu amparo para os afectados pola mesma e o acerto dos gobernantes para saír desta situación.
ALCALDÍA
Primeira vez que un alcalde de Santiago de Compostela asiste á Ofrenda do Apóstolo co traxe tradicional de garda
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asisitiu vestido co traxe tradicional galego de garda á Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. É a primeira vez que un rexedor da capital de Galicia utiliza esta indumentaria durante a cerimonia.
ALCALDÍA
Conde Roa participou na ofrenda a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu á Ofrenda Floral organizada pola Fundación Rosalía de Castro.
CONSORCIO
O Consorcio e a Fundación Catedral colaborarán nun plan de xestión da oferta cultural e turística do conxunto catedralicio
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, presidiu o Consello de Administración do Consorcio de Santiago. Na reunión realizouse unha análise do programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago e aprobouse unha proposta de colaboración entre o Consorcio de Santiago e a Fundación Catedral de Santiago para a posta en marcha dun plan de xestión da oferta cultural e turística do conxunto catedralicio. Os aspectos técnicos e xurídicos desta colaboración serán establecidos nunha próxima...
FESTAS
A Catedral de Santiago cobrou vida propia no espectáculo virtual dos Fogos do Apóstolo
Os Fogos do Apóstolo 2011 deixaron para o recordo 30 minutos dun espectáculo que por primeira vez incorporou a realidade virtual. Grazas á mesma, a Catedral de Santiago cobrou vida propia e os espectadores puidéronse somerxer no seu interior e observar a súa construción. O espectáculo pechouse cunha intensa, coordinada e potente sesión de pirotecnia.
FESTAS
Compostela enxalzará o traxe galego nunha completa xornada nas Festas do Apóstolo
O concelleiro Adrián Varela e a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita María Miramontes, presentaron as actividades do XXXIII Día do Enxalzamento do Traxe Galego, incluído nas Festas do Apóstolo 2011. Celebrarase o martes 26 de xullo e repartirá 3.600 euros en premios.
FESTAS
As rúas de Santiago trasladáronse ao século XIX grazas aos arrieiros de Os Quinquilláns
A compañía Os Quinquilláns levaron o seu teatro itinerante polas rúas de Compostela nunha nova xornada das Festas do Apóstolo.
FESTAS
Conde Roa uniuse á concentración de automóbiles antigos da praza do Obradoiro
Trinta e sete coches antigos permaneceron expostos na praza do Obradoiro para deleite de curiosos, nunha das actividades incluídas nas Festas do Apóstolo. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, non quixo perdese a mostra e entrou coa súa familia na praza a bordo dun dos vehículos.
ALCALDÍA
Visita a Raxoi dunha delegación de Assisi
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi unha delegación da cidade italiana de Assisi, encabezada polo seu alcalde, Claudio Ricci.
ALCALDÍA
Santiago e a República Dominicana reafirman os seus estreitos vínculos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co vicepresidente da República Dominicana, Rafael Alburquerque de Castro, e co ministro de Industria e Comercio, Manuel García Arévalo. A Corporación recibiunos logo no Salón Vermello, onde tamén asinaron no Libro de Honra.