ALCALDÍA
Recoñecemento institucional ao ascenso do Club Feminino Pedras de Santiago
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o equipo de fútbol Club Feminino Pedras de Santiago, con motivo do seu ascenso á segunda división nacional.
BENESTAR SOCIAL
Presentada en Santiago a Fundación Irene Megías contra a Meninxite
O Concello de Santiago de Compostela foi o lugar elixido pola Fundación Irene Megías contra a Meninxite (FIMM) para presentar a entidade en Galicia. Está prevista tamén unha presentación oficial, ás 19:00 horas, no Centro Social NovaCaixaGalica (praza de Cervantes, 17).
ALCALDÍA
O tramo de alta velocidade entre Ourense, Santiago e A Coruña porase en funcionamento o 10 de decembro
O ministro de Fomento, José Blanco, supervisou, xunto co alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; e o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, o grao de avance e desenvolvemento das obras da liña de Alta Velocidade Ourense-Santiago-A Coruña a bordo dun tren de probas de Adif.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo continuou coas xuntas directivas dos empresarios do Tambre e dos veciños do rural a sua rolda de despedidas
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel. Segue así coa rolda de despedidas dos responsables de institucións e colectivos da cidade.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela superará no curso 2011-2012 os estándares europeos de escolarización infantil pública
O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras Escola Infantil Municipal de Salgueiriños, proxecto incluído no programa Urbana Santiago Norte, que conta cunha achega do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Segundo indicou, está previsto que o centro poida abrir ao longo do primeiro trimestre do curso 2011-2012, converténdose na oitava escola infantil da cidade –a sexta municipal- e na de maior tamaño.
CONSORCIO
"Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago" xa recibiu máis de 15.000 visitas
Máis de 15.000 persoas entraron no Colexio de Fonseca para admirar a exposición Domus Iacobi, cando queda pouco máis dun mes para o seu peche. A mostra, que se inauguraba o 9 de abril, concentra unha selección de pezas representativas das diferentes fases construtivas da Catedral, dende a primitiva basílica prerrománica ata os nosos días, facendo especial fincapé na obra da catedral románica, consagrada agora hai 800 anos. Ademais, o Consorcio e o Cabildo catedralicio acaban de publicar o catálogo da...
CULTURA
O Concello organiza este ano a XXIX edición do Premio Blanco Amor de novela
O Premio Blanco Amor de novela é organizado cada ano por un dos concellos adheridos ao mesmo e o organizador nesta edición, a número vintenove, é o Concello de Santiago.
ALCALDÍA
Despedida da directiva de Acotés
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co presidente de Acotés, Antonio Pérez Casas, e con membros da xunta directiva desta organización comercial.
XUNTA DE GOBERNO
Os barrios de Compostela celebrarán o San Xoán con 232 cacharelas e sardiñadas
A Xunta de Goberno autorizou na súa sesión ordinaria desta mañá un total de 232 cacharelas e sardiñadas para a noite de San Xoán, o venres 24 de xuño. Delas, 127 realizaranse na cidade e outras 105 no rural.
ALCALDÍA
As rúas do Home Santo e da Angustia melloran a súa calidade urbana
As obras de reurbanización da rúa do Home Santo, no barrio de San Pedro, entran xa na súa recta final. Esta actuación conta cun orzamento de 1.357.012 euros.