XUNTA DE GOBERNO
O Concello favorecerá a inserción laboral dos composteláns nas seleccións de persoal das empresas de nova implantación na cidade
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou do estudo denominado Marco conceptual para o desenvolvemento de políticas de atracción e promoción da implantación de novas empresas e a creación de emprego. Ademais, contratouse unha asesoría técnica que colaborará na posta en marcha dos programas deportivos municipais e designouse o xurado do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.
ALCALDÍA
Unha Comisión de Coordinación Policial elaborará o Plan Local de Seguridade e o Plan de Seguridade Viaria
A Xunta Local de Seguridade quedou constituída en Raxoi nunha reunión presidida polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e polo subdelegado do Goberno, Jorge Atán Castro. Na sesión aprobouse a constitución dunha Comisión de Coordinación Policial que se encargará de elaborar o Plan Local de Seguridade e o Plan de Seguridade Viaria.