ALCALDÍA
Conde Roa: "No peor dos casos, a organización da Copa Davis teríalle custado 70.000 euros ao Concello"
05/08/2011
Ler máis
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, explicou en rolda de prensa os datos económicos da candidatura presentada por Santiago para organizar a semifinal da Copa Davis, dous días despois de que esta fora concedida a Córdoba. Indicou que o custo total do evento tería sido de 1.850.000 euros, dos que ao Concello unicamente tería que achegar 70.000.
CULTURA
O Festival dos Abrazos arrinca cun pasarrúas musical pola Cidade Vella
05/08/2011
Ler máis
O Festival dos Abrazos celebra o luns día 8 a primeira das 66 actividades que ofrecerá ata o día 27. Será a partir das 12:00 horas cando sairá do Teatro Principal o pasarrúas de A magnifique bande dos homes sen medo, que percorrerá as rúas da Cidade Vella.