ALCALDÍA
As obras do Centro de Recuperación Integral de mulleres vítimas da violencia de xénero licitaranse este mes de xullo
As obras de acondicionamento do edificio que albergará o Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero vanse licitar este mes de xullo, cun orzamento de 458.565 euros e un prazo de execución de 6 meses. A licitación da obra vaise acometer tras a sinatura do documento de concesión do inmoble, de titularidade municipal, asinado esta mañá en Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a secretaria xeral Técnica e do Patrimonio da Xunta de Galicia, Rosa María Pedrosa.
ALCALDÍA
A ONCE dedica un cupón ao 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago
A Organización Nacional de Cegos quixo implicarse tamén na celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago. Con este motivo realizou un cupón conmemorativo, que foi presentado nun acto celebrado no Pazo Arcebispal. O alcalde compostelán, Xerardo Conce Roa, recibiu unha réplica deste cupón, que se venderá o domingo 10 de xullo.
ALCALDÍA
Clase de inglés para os máis pequenos no Salón de Plenos de Raxoi
Un grupo de 35 alumnos e alumnas da Escola de Verán de Inglés realizaron unha visita ao Pazo de Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa.
ALCALDÍA
O alcalde determina o reparto de competencias entre os concelleiros
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asinou o decreto polo que nomea delegados da Alcaldía aos doce concelleiros do Goberno local. Establece así o reparto de competencias entre todos eles e as atribucións que lle corresponden nas súas respectivas áreas.