ALCALDÍA
Santiago e a República Dominicana reafirman os seus estreitos vínculos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co vicepresidente da República Dominicana, Rafael Alburquerque de Castro, e co ministro de Industria e Comercio, Manuel García Arévalo. A Corporación recibiunos logo no Salón Vermello, onde tamén asinaron no Libro de Honra.
ALCALDÍA
O alcalde quere que a organización da Copa Davis sexa "un proxecto de toda a cidade"
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, sostén que a organización da semifinal da Copa Davis "só pode traer resultados positivos para cidade". Así o indicou na presentación aos medios de comunicación da candidatura de Santiago de Compostela a ser sede desta competición internacional entre España e Francia que se celebrará os días 16, 17 e 18 de setembro.
FESTAS
Luz Casal encheu de paixón a Quintana
A praza da Quintana encheuse para escoitar a Luz Casal, nun dos concertos máis agardados das Festas do Apóstolo. Antes, 37 coches antigos e os seus caracterizados ocupantes percorreron as rúas de Compostela.