CIDADES PATRIMONIO
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España recada fondos para os damnificados do terremoto de Xapón
Celebrouse no Parador de Alcalá de Henares a cea de gala benéfica "Por Xapón", ofrecida polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España e Paradores de Turismo. O obxectivo da iniciativa era recadar fondos para os damnificados de Xapón tras o terremoto que azoutou o país o pasado 11 de marzo.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Venezuela máis descoñecida, na Casa das Asociacións de Cornes
A Casa das Asociacións acolle as Xornadas Interculturais A Venezuela descoñecida. Teatro, conferencias e exposicións amosarán diversos aspectos da cultura e da historia deste país. Hoxe, máis de 2.000 venezolanos residen en Galicia.
FESTAS
As Festas da Ascensión traen unha nova edición do Compostela Urbana
As Festas da Ascensión continúan na xornada do sábado coa celebración da XIII Festa para os nosos maiores, no recinto feiral de Amio. Ademais dun xantar, os 2.000 asistentes confirmados contarán con animación de comparsas de cabezudos e a actuación da orquestra Magos de España.