CONSORCIO
O Consorcio entrega á Universidade o novo edificio do Museo de Historia Natural
Unha vez rematadas as obras de construción do novo edificio do Museo de Historia Natural, o Consorcio de Santiago e a Universidade asinan o acordo polo cal o Consorcio de Santiago, propietario do inmoble, cédelle o seu uso á Universidade, para o seu funcionamento como Museo de Historia Natural. O Consorcio de Santiago asumiu a financiación e construción do novo edificio, que supuxo unha inversión total de 3.909.280 euros.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo, satisfeito pola consolidación de Lavacolla como o aeroporto de maior crecemento dentro da súa categoría
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polos datos de maio do aeroporto de Lavacolla, feitos públicos por AENA. Polo aeródromo compostelán pasaron durante este mes 212.364 pasaxeiros, situando nun 53,29% a cota de mercado no sistema aeroportuario galego e marcando un crecemento do 25,9% respecto ao mesmo período do ano anterior.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
"Que ves cando me ves?" celebra o seu evento central nunha carpa na praza Roxa
Haberá estampación de serigrafías e gravados, contacontos, instalación, performance, stands con publicacións e un micrófono aberto á participación do público, ademais da "Muller Express".
CULTURA
Recital de piano de Haruna Takebe
A pianista, que vive en Compostela desde o ano 2009, interpretará pezas de Claude Debussy e Frédèric Chopin. O concerto, no que estará acompañada dun quinteto de corda, comezará ás 21.00h e ten unha duración aproximada de unha hora e corenta minutos.