EDUCACIÓN
"Coñecer as Cidades Patrimonio", unha experiencia de aprendizaxe e convivencia para 15 escolares do IES Rosalía de Castro
Xá están de volta en Santiago os 15 alumnos e alumnas de 2º de ESO do IES Rosalía de Castro que representaron á cidade na décima edición do programa Coñecer as Cidades Patrimonio. Primeiro en Ávila e logo en Toledo, cidade organizadora nesta convocatoria, os escolares viviron unha experiencia que cualificaron como única.
BENESTAR SOCIAL
O Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia realizará tamén tarefas de intervención familiar
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, deu conta da licitación por 50.000 euros do Servizo de Atención Domiciliaria e Comunitaria á Infancia. O coñecido popularmente como servizo de canguros, incorporará a partir de agora outra función de intervención familiar, abordando aspectos socioeducativos.
BENESTAR SOCIAL
O Concello destina 70.000 euros a bolsas de comedor escolar para o curso 2011-2012
A Concellería de Benestar Social e Igualdade destinará 70.000 euros á concesión de bolsas de comedor escolar no curso 2011-2012. A convocatoria estará aberta ata o 20 de maio e permitirá a aquelas familias con especiais necesidades acceder a bolsas de importe fixo de 80 euros ao mes.
CULTURA
Curtocircuíto celebra o VI Mercado Internacional de Curtametraxes
O martes 10 comeza o VI Mercado Internacional de Curtametraxes dentro do programa do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, organizado pola Concellería de Cultura e Centros Socioculturais. Son 174 as credenciais tramitadas, das que a meirande parte corresponde a empresas produtoras de curtametraxes, distribuidoras, compradores, profesionais autónomos, prensa e un amplo número de estudantes. Unha videoteca no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) será a sé na que se desenvolva esta actividade.