DEPORTES
A oferta de instalacións deportivas da cidade suma dous novos campos de fútbol de herba artificial en Belvís e San Lázaro
Belvís e San Lázaro disporán este mesmo verán de campos de herba artificial. Con estes recintos, Compostela disporá xa de cinco campos con este tipo de superficie sintética, xunto cos de Villestro, Santa Isabel e As Cancelas.
ALCALDÍA
A nova comisaría da Policía Nacional en Santiago estará lista para o outono
O novo delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello, onde se reuniu co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Foi momento para repasar as actuacións que o Goberno ten en marcha ou vai iniciar en Santiago, como o túnel do Hórreo, a terminal de Lavacolla ou o novo cuartel da Policía Nacional, entre outros.
CULTURA
Novas seccións que abordan a realidade social na VIII edición de Curtocircuíto
Cine-concerto na inauguración, modificacións na sección Compostelae, un concurso das escolas galegas e un encontro dos centros audiovisuais de Galicia e novas seccións sobre temática social son as novidades deste VIII edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes. O evento, que comeza o veneres 6 de maio, foi presentado pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; Tim Redford, director do Festival, e Jorge Coira, director de cine e membro do xurado das distintas competicións.
ALCALDÍA
O Concello achega case 60.000 euros a sete asociacións do ámbito sociosanitario
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou sete convenios con outras tantas entidades do ámbito sociosanitario, ás que o Concello achega un total de 58.535 euros. As entidades asinantes foron: Asociación Síndrome de Down, Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista da Provincia da Coruña (ASPANAES), Fundación Secretariado Xitano, Asociación de Persoas Xordas de Santiago, Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS), Fundación Monte do Gozo-Proxecto...