PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica achega a metodoloxía coaching ao empresariado a través dun encontro de traballo no marco do XiC 2010
O 30 de setembro expertos en coaching explicarán ao empresariado e representantes de distintas entidades vinculadas ao tecido produtivo compostelá. Esta actividade enmárcase na II Xornada Internacional de Coaching que se celebrará 30 de setembro e o 1 de outubro en Santiago, e na que está aberto o prazo de inscrición.
ALCALDÍA
Nace a web do proxecto Urbana Norte
www.urbanasantiagonorte.org é un instrumento para o fomento da participación veciñal, ao tempo que da a coñecer o proxecto fóra de Santiago
CULTURA
Completa programación didáctica da Concellaría de Cultura, con música clásica, percusión, ópera e teatro
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron hoxe o novo programa didáctico da temporada 2010-2011, que inclúe actuacións para nenos e mozos desde outubro a maio, desde música clásica a teatro, pasando pola ópera e a percusión. Segundo a tenente alcalde, trátase dunha oferta de "grande interese para boa parte do profesorado e do alumnado".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba axudas á rehabilitación de vivendas por máis de 50.000 euros
Trece vivendas da zona histórica de Santiago recibirán axudas públicas para a súa rehabilitación tras aprobar inicialmente a Xunta de Goberno este asunto da orde do día.
ALCALDÍA
Suecia amosa o seu interese por Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi un grupo de xornalistas suecos que se atopan en Santiago participando nunha misión inversa de turismo organizada pola Cámara de Comercio.
ALCALDÍA
Os servizos mínimos están pactados para o correcto desenvolvemento da folga
Bugallo apelou ao "estrito respecto" e ao "bo comportamento de todos, tanto dos que desexen participar da folga como dos que acudan ao seu posto de traballo".