BENESTAR SOCIAL
O Concello renova a súa colaboración coa Fundación Secretariado Xitano
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director-xerente da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á ONG 19.700 euros para o desenvolvemento das actividades enmarcadas dentro do programa Acceder, dirixido á poboación xitana do municipio de Santiago de Compostela.
EDUCACIÓN
A Concellería de Educación involúcrase na celebración da Noite dos Investigadores
A Noite dos Investigadores 2010 celebrarase o vindeiro venres 24 de setembro en Santiago de Compostela e, simultaneamente, en 150 cidades europeas máis. A Delegación Institucional do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) en Galicia, lidera o proxecto na nosa comunidade en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela.
BENESTAR SOCIAL
As asociacións de migrantes visibilizan as súas culturas este domingo no II Festival Folclórico Intercultural
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, presentou en rolda de prensa a celebración desta actividade acompañada polas organizadoras do Festival, que repite celebración tralo éxito do ano pasado.
BENESTAR SOCIAL
As persoas xordas celebran o sábado o seu Día Internacional para reivindicar os seus dereitos e facerse máis visibles ante a sociedade
A concelleira de Benestar Social, Mar Martin, acompañada do presidente da Asociación Compostelá de Persoas Xordas, José Antonio Pais, e do secretario da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, presentou en rolda de prensa o Día Internacional deste colectivo, que tará lugar este sábado, 25 de setembro, cun obxectivo claro: sensibilizar á sociedade.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela e Santiago Atitlán inician o protocolo para irmandarse
Os alcaldes de Santiago de Compostela e de Santiago Atitlán, Xosé A. Sánchez Bugallo e Manuel Reanda Pablo asinaron hoxe un protocolo de intencións de irmandamento entre ambas urbes.