EDUCACIÓN
Uns 275 nenos e nenas participarán cada día nas actividades de setembro da Escola Municipal de Verán
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou a segunda quenda da Escola Municipal de Verán. Este programa desenvólvese ata o 9 de setembro nos CEIP Pío XII, Fontiñas e López Ferreiro. Sumando a participación diaria, nas 18 xornadas da edición de xuño e xullo participaron na Escola 4.223 rapaces e rapazas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Concellería de Participación Cidadá retoma o seu pioneiro centro de mediación
O Centro Municipal de Mediación Cidadá (CEMMCI), posto en marcha pola Concellaría de Participación Cidadá a través da Asociación Galega de Mediación e Igualdade de Xénero (AGAMIX), retoma a súa actividade neste mes de setembro. Este servizo gratuíto ofrece aos cidadáns a posibilidade de ser parte activa na resolución dos seus conflitos, pero coa mediación dirixida por profesionais.
ALCALDÍA
A nova directiva veciñal de Laraño exponlle ao alcalde as demandas da parroquia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coa nova directiva da Asociación de Veciños "A Xunlla", de Laraño. A xuntanza foi unha primeira toma de contacto, na que os representantes veciñais expuxéronlle as principais reivindicacións da parroquia.