ALCALDÍA
Unhas 250 persoas de 74 países analizarán en Santiago o papel das peregrinacións como "vía de evanxelización"
Un total de 250 persoas de 74 países dos cinco continentes inscribíronse xa para participar no II Congreso Mundial de Pastoral de Peregrinacións e Santuarios, que acollerá Santiago de Compostela entre os días 27 e 30 de setembro. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou esta mañá na rolda de presentación do devandito congreso.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica repartirá entre cidadanía e visitantes dez mil exemplares do catálogo Volta ao cole, editado en tres idiomas
A publicación recolle 46 propostas de produtos que foron seleccionadas no Concurso de promoción comercial Volta ao cole, destinado a todos os comercios de Compostela, tendo en conta a especialización dos produtos, a relación calidade-prezo, e a novidade e orixinalidade no concepto de embalaxes.
FESTAS
A Quintana acollerá o vindeiro domingo unha romaría de corais na que participarán máis de 20 agrupacións
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa a Romaría Coral do Ano Xacobeo, que terá lugar na Praza da Quintana o domingo 19 de setembro, acompañado polo presidente da Federación de Corais de Galicia (FECOGA), Antonio Rey.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello aproba a convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas en Vista Alegre
A Xunta de Goberno Local deu o visto ás bases reguladoras e á convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas da Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Polígono de Vista Alegre. Nesta mesma sesión aprobouse o proxecto de modificación do Regulamento Municipal de Centros e Locais Socioculturais e adxudicouse o servizo de vixilancia das instalacións da UMAD.
ALCALDÍA
Santiago e Santa Fe afianzan a súa colaboración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe no seu despacho de Raxoi a Rebecca Wurzburger, tenente de alcalde da cidade de Santa Fé, capital do estado de Novo México, coa que mantivo un breve encontro co obxectivo de estreitar os lazos institucionais entre ambas poboacións.