ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "O mapa de titulacións universitarias debe ser respectado"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo reiterar a posición do Concello de "absoluto apoio" á Universidade de Santiago respecto á Facultade de Medicina. Na súa primeira comparecencia ante os medios de comunicación tras as súas vacacións, insistiu en que "o mapa de titulacións universitarias debe ser respectado".
CULTURA
O violoncellista francés Mathieu Saglio chega a Santiago da man do Festival dos Abrazos
Dentro da oferta de distintos estilos musicais proposta polo Festival dos Abrazos chega a Compostela o violoncellista francés Mathieu Saglio. Esta actuación é posible grazas ao Festival dos Abrazos, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura. Ademais desta oferta, haberá lugar para as propostas musicais doutros estilos, para o teatro mínimo e para novas curtametraxes sobre Palestina.
XUNTA DE GOBERNO
Todo listo para o comezo das obras de reposición de beirarrúas
A Xunta de Goberno elevou a definitiva a adxudicación das obras de reposición de beirarrúas do Concello. Tamén materia de contratación, iniciouse a contratación da reforma do campo de fútbol de Belvís.