ALCALDÍA
A escola infantil de Tras Parlamento estará lista para o curso 2010-2011
As obras da futura escola infantil de Tras Parlamento, no parque da Constitución, comezarán no mes de abril, co obxectivo de rematalas no verán e de que estea lista para entrar en funcionamento no curso 2010-2011. Esta será a sétima escola infantil da cidade; a seguinte, a de Salgueiriños.
ALCALDÍA
O alcalde inaugurou o Congreso Nacional de Unións Agrarias
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu a benvida aos participantes no Congreso Nacional de Unións Agrarias.
TURISMO
Todo preparado en Amio para o Fórum Gastronómico Santiago 2010
Tras o seu inicio o sábado 20 en espazos monumentais de Compostela, o Fórum Gastronómico Santiago 2010 trasladarase ao Recinto Feiral de Santiago, en Amio. Alí está todo preparado para que entre o domingo 21 e o mércores 24 de febreiro se desenvolva o congreso de cociña decano en Europa.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude inicia a programación do Club de Rol do Ensanche
A Concellaría de Xuventude inaugura o sábado 20 de febreiro, a programación do Club de Rol para os primeiros meses do ano (febreiro – xullo). Celebrarase un total de oito xornadas, os sábados en horario de mañá e tarde no Centro Sociocultural e Xuvenil municipal O Ensanche. A primeira delas, o Torneo Warhammer 40.000, comezará ás 11:00 horas no centro.
ALCALDÍA
Os 33 proxectos do FEIL permitiron dar emprego a case 900 persoas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, inauguraron as reurbanizacións acometidas con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) nas rúas Gómez Ulla, Pérez Constanti, Neira de Mosquera, Laverde Ruiz, Santiago de Guayaquil e Curros Enríquez. Nas obras destas seis rúas investíronse 2,4 millóns de euros dos 16,5 que lle corresponderon á cidade.