BENESTAR SOCIAL
A Gala da Diversidade chama a atención sobre os trastornos alimentarios
A Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL), celebra o cuarto festival solidario para chamar a atención sobre os trastornos alimentarios. A Gala da Diversidade contará un ano máis coa colaboración desinteresada de diversos artistas, que porán o seu gran de area para lograr que os cidadáns se achegue ao Teatro Principal o domingo 21 a partir das 16:00 horas.
XUVENTUDE
Los Coronas e os galegos Pi Graos, invitados no concerto de presentación da terceira edición de "MúsicaXove"
A Concellaría de Xuventude presenta a terceira edición do certame MúsicaXove, cun concerto na Sala Capitol, cos grupos Los Coronas, e como teloneiros os pontevedreses Pi Graos. As portas da sala abriranse ás 21:30 horas do xoves 18 e, media hora despois, comezará a soar a música.
COMERCIO
Media Lúa, Xocoátel e Marabillas, premiados no Concurso de Escaparatismo Fórum Gastronómico 2010
Xa se coñecen os nomes dos comercios gañadores do Concurso de Escaparatismo Fórum Gastronómico 2010. Son, por esta orde, a tenda de marroquinería, Media Lúa, o estabelecemento especializado en chocolates Xocoátel e a tenda de decoración Marabillas.