FESTAS
Vinte e catro comparsas, once carrozas e centos de disfraces desfilarán polo centro da cidade no martes de Antroido
Co desfile de martes de Antroido ás portas, a cidade prepárase para vivir unha intensa tarde-noite. Un total de 24 comparsas, 11 carrozas e 27 disfraces (de grupo, parella e individuais) participarán no concurso, acompañados por outros incondicionais do Antroido, que aínda que non obtan aos premios desfilarán coas súas creacións para divertir ao público.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Ademais, aprobouse o convenio co Consorcio que permitirá habilitar como aparcadoiro a explanada de Fontiñas.
ALCALDÍA
Santiago acollerá en outubro a Asemblea de Colexios Médicos de España
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán Martínez. Este convidouno a participar en dous eventos: a festa colexial da provincia e a Asemblea de Colexios Médicos de España, que se celebrarán en Santiago.
FESTAS
O desfile do Antroido puxo o broche de ouro ás festas cunha alta participación de concursantes e público
O Antroido de Compostela chega ao seu fin despois de vivir o gran desfile e concurso de comparsas e carrozas na tarde do martes 16. Centos de persoas ateigaron as beirarrúas do centro da cidade para non perder detalle dos espectáculos que desfilaron dende Santiago de Chile ata a avenida de Xoan Carlos I. A pesar da fría tarde, a ausencia de chuvia permitiu gozar dun gran desfile.
CULTURA
A Banda Municipal ofrece un concerto especial de Entroido con alumnos do Conservatorio Profesional da Coruña
A Banda Municipal de Música ofrece un concerto especial con motivo das festas do Entroido. Será o mércores 17, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia e a entrada será libre. A Banda, dirixida por X. Carlos Seráns, estará acompañada por alumnos do Conservatorio Profesional da Coruña.
EMPREGO
O Servizo Local de Emprego atendeu máis de 7.500 consultas en 2009
O Servizo Local de Emprego, situado nas oficinas que a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo ten na rúa do Hórreo, 100, atendeu 7.541 consultas no ano 2009. Destas, 4.510 consultas (59,8%), realizáronas mulleres, e 3.031 (40,2%) homes.